HomePolíticaBaltar entra en escena na polémica pola A-76

Baltar entra en escena na polémica pola A-76

O presidente da Deputación de Ourense cuestiona duramente a proposta realizada polos alcaldes de Monforte, O Barco e o secretario xeral do Eixo Atlántico de levar a autoestrada por Chantada.

Publicado o

- Advertisement -

O último en entrar en escena no cruce de declaracións que se están xerando ao redor da proposta de cambio de estratexia para levar a A-76 por Chantada foi Manuel Baltar. Critica con certa dureza que se fagan públicas posibles modificacións sen contar co consenso e a máxima participación que requiren este tipo de modificacións que afectan á conectividade entre comarcas.

O trazado da futura autovía entre Monforte e Ourense polos Peares está creando moitas dúbidas ante a posibilidade de que a súa construción impida a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade. Así, alcaldes como o de Coles, Manuel Rodríguez, é partidario tamén de que a autovía remate en Monforte e aproveitar as estradas ata Chantada e tamén a A-56. Este mesmo alcalde di a favor do trazado alternativo que o custe económico de atravesar Os Peares é moi grande e co que se aforraría na construción seguramente se acondicionarían os trazados alternativos para conectar Monforte con Ourense.

A raíz das declaracións de Baltar a Plataforma contra a A-76 pola Ribeira Sacra amosa tamén a súa sorpresa e di que solicitará unha reunión para saber cal é realmente a súa postura.

Dende a Plataforma manifestan estar estrañados por estas declaracións xa que non se axustan á moción acadada entre PP, PSOE e BNG no Pleno ordinario do 30 de abril de 2014. Nesta moción apoiábanse, por unanimidade dos 25 deputados que integraban a Corporación Provincial, as demandas da Plataforma contra a A-76 pola Ribeira Sacra. Do mesmo xeito, na reunión mantida o 19 de xaneiro de 2015 coa anterior Ministra de Fomento, a popular Ana Pastor, na que participou o Presidente da Deputación, a Ministra comprometeuse a revisar o trazado do tramo que discorría polos Peares e mostrábase moi sorprendida polas graves repercusións que podería carrexar a realización desta obra polo lugar que estaba proxectada.

A Plataforma di tamén estar satisfeita pola postura clara e rotunda do alcalde de Coles ao respecto e valora as declaracións do rexedor de Nogueira de Ramuín nas que aposta por que a autoestrada non afecte a ningunha poboación e ningún veciño e que non prexudique á declaración de Patrimonio da Humanidade da Ribeira Sacra.

No comunicado á prensa desta plataforma lembran tamén que segundo o informe técnico realizado en 2015 polo equipo multidisciplinar de expertos coordinado polo anterior Valedor do Pobo e participado polas Deputacións de Ourense e Lugo, de executarse o trazado orixinal previsto para a A-76 sería totalmente imposible a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade.

 

ÚLTIMAS

Esperta Monforte esixirá no pleno deste 28 de setembro que se remate o enlace entre o Porto Seco e a N-120

Na moción que presenta Esperta Monforte sinalan que a Cidade do Cabe ten un...

Extinguido este domingo o incendio que comezou o 15 de setembro en Quiroga

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal iniciado o martes,...

Viaxe promocional e institucional do tren Galaico Expreso entre Ourense e San Clodio-Quiroga

A viaxe promocional e institucional que promove o MUFERGA partirá este luns 28 de...

O PP esixe explicacións a Tomé sobre os convenios coa CHMS

Os representantes do PP lucense nas Cortes Xerais do Estado advirten dunha “elevada suma...