HomePolíticaO PSOE de Chantada esíxelle ao alcalde que axilice os trámites do...

O PSOE de Chantada esíxelle ao alcalde que axilice os trámites do barrio da Ponte

No derradeiro pleno celebrado no mes de decembro aprobouse unha moción presentada polo grupo municipal dos socialistas de Chantada, sobre a construción dunha ponte sobre o río Asma que facilite o tránsito entre o Convento e a vila, así como a conexión coa estrada LU-P-1801

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta moción foi aprobada cos votos a favor do PSOE e PP, mais coa abstención de Por Chantada. Na mesma, o grupo de goberno do Partido Popular comprometeuse a realizar, por parte do Concello de Chantada no menor tempo posible, unha modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación urbana para dar encaixe legal á obra de paso e aos seus enlaces viarios; obra de paso con circulación de dobre sentido, incluído tráfico pesado.

Así os socialistas esixen que se axilicen todos os trámite necesarios para acadar un investimento que cosideran fundamental para a vila. “De non facelo, o Goberno do PP será responsable da perda desa inversión millonaria para Chantada, tendo que responder ante a veciñanza da súa falta de axilidade política e perdendo unha oportunidade histórica”, conclúen os socialistas.

ÚLTIMAS

Convocado o concurso oficial para o cartel da XXII Feira Outrora de Rubián

O Concello de Bóveda vén de anunciar a convocatoria para participar no concurso gráfico...

O Cineclub Ateneo de Monforte propón cine e música para celebrar o 1º de maio

O Cineclub Ateneo organiza unha programación especial para este primeiro de maio. Ás 20:00h...

Tres día de Feira do Viño en Vilachá de Salvadur para a ponte de maio

Unha nova edición da Feira do Viño de Vilachá celébrase na ponte de maio...

Comezan as obras de mellora na estrada LU-P-4905 entre Portomarín e Taboada

Esta actuación céntrase nos primeiros 10,5 quilómetros da vía, ao seu paso polo termo...