HomePolíticaPara cando furanchos en Pantón?

Para cando furanchos en Pantón?

O BNG de Pantón pide amparo á Valedora do Pobo para que o goberno do PP cumpra cos mandatos plenarios

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En novembro do 2023 o BNG de Pantón presentaba unha moción para posibilitar a apertura de Furanchos no municipio. A iniciativa sería aprobada polo pleno de modo unánime. Desde o BNG explican que tal e como prevé a Lei de Turismo de Galicia, é necesario que os concellos produtores redacten unha ordenanza municipal para poder abrir estes establecementos, “que se ben non son a solución ao problema tremendo que teñen as nosas viticultoras e viticultores, si son unha oportunidade para algunhas destas persoas” lembra Rosana Prieto Florines, voceira do BNG na corporación de Pantón.

“Chegamos a este momento despois de emprazar ao goberno municipal en numerosas ocasións, por escrito, de xeito oral, e por medio de rogos nos Plenos aos que sempre nos dicían que si, temos incluso resposta escrita de que ía ser unha realidade inmediata, xa no setembro pasado”.

Con todo, o BNG pregúntase a que se dedica o goberno municipal, “porque todo son anuncios que nunca se concretan”. Nesta situación os nacionalistas deciden acudir á Valedora do Pobo “porque o equipo de goberno non é quen de redactar tres folios que posibiliten a apertura dos furanchos”.

ÚLTIMAS

O comercio asociado de Chantada celebra ‘O Día d@ Nen@’

A Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra organizarán unha xornada festeira...

Sanidade mantén oito semanas de vixilancia na residencia de Monforte tras o gromo de sarna

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, explicou que a Dirección Xeral de Saúde...

4 Grandes Medallas de Ouro e 14 Ouros para a D.O. Ribeira Sacra no Mondial des Vins Extremes

O certame que se celebra no Val de Aosta, Italia, é un dos principais...

O BNG de Monforte recolle case 200 alegacións en dúas horas contra a ponte do Malecón

Desde a formación nacionalista repartíronse folletos con planos, medidas e datos técnicos extraídos do...