HomePolíticaCatastrazo en Chantada no 2019?

Catastrazo en Chantada no 2019?

Os socialistas chantadinos denuncian que a pesares de terse aprobado a rebaixa do IBI, o goberno local aínda non presentou unha nova ordenanza para poder facer efectivas bonificacións e rebaixas no vindeiro ano.

Publicado o

- Advertisement -

En marzo deste ano aprobábase, coa abstención do equipo de goberno, a moción presentada polo PSOE na que se pedía unha rebaixa no coeficiente aplicable en bens de rústica desde o 0,4% ó 0,3%; declarar a actividade agraria como de especial interese e se bonificar nun 95% os inmobles afectos; e o imposto a pensionistas. A moción tamén recollía unha campaña informativa e unha revisión de oficio do censo do Imposto de Bens Inmobles.

Para executar a moción era necesario modificar a ordenanza do IBI, pero o ano remata e a modificación segue sen facerse, polo que non se poderá aplicar no 2019. Para os socialistas a xestión que se fai desde INTA está sendo inxusta para a veciñanza, que soporta cos seus impostos a xestión económica do Concello e a súa despreocupación, dín, polos problemas da xente.

Agardan desde o PSOE que esta medida sexa tomada polo novo goberno que saia das eleccións de maio. Aseguran “En canto desaloxemos a Manuel Varela do goberno local, no noso primeiro pleno ordinario, aplicaremos estas medidas. Non perderemos un intre en desfacer os desastres de 8 anos de desgoberno”.

ÚLTIMAS

O Camiño de Inverno celebra 10 anos da súa oficialidade, a recompensa a décadas de traballo

A celebración tivo lugar neste último domingo de setembro coa participación dos integrantes das...

30.000€ para renovar o alumeado público en 8 núcleos de Sober

A Xunta destina 30.000 euros a través do Fondo de Compensación Ambiental (FCA) deste...

Os contacontos regresan á Casa da Cultura de Chantada con sesións os primeiros venres de mes

A proposta diríxese a público familiar a partir dos tres anos, ofrecendo un espectáculo...

Tomé insiste en que a nova ponte se fará a pesar das posturas en contra

A oposición presentou no pleno deste luns varias iniciativas para paralizar o proxecto da...