HomePolíticaPresión do PP provincial para axilizar a construción da residencia do Courel

Presión do PP provincial para axilizar a construción da residencia do Courel

Os populares lembran o convenio asinado entre o Presidente da Deputación Provincial de Lugo, Darío Campos, e a alcaldesa do Concello de Folgoso do Courel, Dolores Castro, e denuncian o retraso na licitación e no comezo das obras.

Publicado o

- Advertisement -

O Grupo Provincial Popular acadou no pleno da Deputación de Lugo o apoio unánime para que a institución provincial licite canto antes as obras que permitan o inicio da construción da residencia da terceira idade e centro de día no Concello de Folgoso do Courel.

O convenio asinado o pasado mes de agosto comprometía á Deputación Provincial de Lugo a construír unha residencia da terceira idade e un centro de día para o Concello de Folgoso do Courel con capacidade para 52 usuarios/as.

Dende o PP provincial denuncian retraso na licitación e no comezo das  obras respecto ao acordado. Segundo manifestan, o Presidente da Deputación comprometeuse diante dos veciños e veciñas do Courel a licitar en setembro e comezar as obras no último trimestre deste ano. E non foi así, non houbo avances nin ningún tipo de actuación, nin tan sequera se procedeu á demolición do colexio onde se emprazará a futura residencia.

Abundando no anterior, os populares queren deixar claro que os trámites para dotar ao Courel desta infraestrutura foi durante o mandato do PP na Deputación e remarcan que esta intervención “supón saldar unha débeda histórica co Concello de Folgoso do Courel”.

Así as cousas, urxen ao organismo provincial a que non demore máis este tema e que licite as obras o antes posible lembrándolle que cando se asinou o convenio en agosto o concello xa tiña realizado os trámites que lle correspondían.

 

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...