HomePolíticaPor Chantada volve a queixarse de discriminación por parte da Deputación Provincial

Por Chantada volve a queixarse de discriminación por parte da Deputación Provincial

Por Chantada – Interior Galego Vivo formula alegaciós ao proxecto de engravillado de varias estradas da Deputación en Chantada

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nas alegaciós formuladas desde Por Chantada – Interior Galego Vivo, faise constar “o feito de ter anunciado desde a Deputación, na persoa de Pilar García Porto, unha serie de extremos que son totalmente falsos á luz do proxecto”, especifican:

• Anúncianse máis de 300.000 euros, mais unicamente figuran 282.000 euros no proxecto, que, dito sexa de pasaxe, é bastante menos do que levan decote Antas e Monforte e con aglomerado e non apenas grava.

• Fálase de quilómetros como se se fose arranxar entre eses pontos quilométricos, cando unicamente se vai actuar sobre anacos.

• Fálase de mellora do firme e arranxo cando na realidade unicamente se vai proceder a parcheo e uso de grava, que nen rego vai levar.

Aseguran que independientemente do anterior, “o estado das estradas do ente provincial no Concello de Chantada é absolutamente lamentábel e ten consecuencias para os vehículos e para aquelas persoas que resistimos nos lugares das parroquias rurais. Non se pode comprender como esta situación sexa crónica”.

Segundo Por Chantada desde que ostenta a presidencia José Tomé o investimento en aglomerado en quente da Deputación de Lugo en vías da súa titularidade no concello de Chantada foron 31.581 euros na mellora do firme da LU-P-1802 na parroquia de Sabadelle. “O recente arranxo entre Xedive e Andemil, na LU-P-1818, hai escasos meses xa ten fochancas. Fíxose tamén con grava e sen rego e xa é unha constante que non se supervise a durabilidade nen se apliquen garantías”.

Con todo, Por Chantada volve reiterar a súa demanda de que as estradas provinciais estean nun estado axeitado e formula alegaciós ao proxecto para que se cumpra a legalidade, modificándoo cunha maior dotación e retrotraendo o expediente para dar cumprimento ao solicitado a prol da veciñanza de Chantada.

ÚLTIMAS

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...

O PP de Monforte reclama que a Deputación ceda os terreos da Finca de Tor a iniciativas agrogandeiras

O PP de Monforte defenderá no vindeiro pleno ordinario unha moción para que o...

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...