HomePolíticaAs obras na rúa Cardenal de Monforte e como afectan ao comercio

As obras na rúa Cardenal de Monforte e como afectan ao comercio

O PP denuncia "o dano que se está a provocar ao comercio local pola mala planificación de José Tomé nas obras".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Grupo Municipal do PP de Monforte asegura ante as obras na rúa Cardenal que, “A mala planificación das obras realizada por José Tomé está a xerar o descontento entre a veciñanza, así como un gran enfado entre os comerciantes, cada día máis afectados no seu traballo diario”.

A voceira popular, Katy Varela, recorda que no ano 2020 xa se levou a cabo unha rehabilitación integral da rúa Cardenal para renovar a maior parte da pedra, momento no que xa se lle reclamou ao alcalde que renovase tamén todos os servizos e deixase preparadas canalizacións que se puidesen necesitar a futuro “para evitar obras posteriores e ter que molestar de novo aos veciños”. “Pero a realidade é que fixo caso omiso e hai un mes que comezou unha nova obra nesta rúa”, lamentou.

Os traballos realizados eran para mellorar a potencia eléctrica que se dá a varios edificios desta rúa, obras xa rematadas, pero veciños e comerciantes seguen a sufrir os problemas porque a rúa non se puxo de novo en servizo.

O motivo é que cando comezaron os traballos romperon a pedra da rúa, polo que non se puido reutilizar e, agora, dende o goberno local explican que non teñen provisión suficiente para reabrir a rúa, de aí o atraso. “Estamos ante un novo exemplo de nefasta planificación de José Tomé, non preveu axeitadamente os traballos e agora quen sofre as consecuencias son os veciños e os comerciantes”, denunciou.

Ante esta situación, dende o Grupo Municipal Popular preguntarán ao goberno local polos motivos de comezar a obra sen ter garantías suficientes de que podían rematar os traballos nos prazos previstos, algo que non sucede xa que “carecen do material necesario para rematar a obra e poder poñer a rúa de novo en servizo”.

ÚLTIMAS

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...

O PP de Monforte reclama que a Deputación ceda os terreos da Finca de Tor a iniciativas agrogandeiras

O PP de Monforte defenderá no vindeiro pleno ordinario unha moción para que o...

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...