HomePolíticaA Deputación reclama á Xunta un Plan Integral de recuperación de servizos...

A Deputación reclama á Xunta un Plan Integral de recuperación de servizos para o Hospital de Monforte

A Deputación de Lugo aprobou no Pleno deste martes unha proposta de Goberno instando á Xunta de Galicia a poñer en marcha un Plan Integral de dotación e recuperación de servizos para o Hospital de Monforte. A iniciativa, impulsada polo Grupo Provincial Socialista, contou co respaldo do BNG e os votos en contra do Partido Popular,

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira do Goberno, Pilar García Porto, defendeu esta proposta denunciando a falta de atención dos sucesivos gobernos do PP cara á sanidade pública no rural e, en particular, a situación crítica que atravesa o Hospital de Monforte. “A falta de profesionais en especialidades como Hematoloxía, Dixestivo, Psiquiatría, Rehabilitación, Pediatría, Radioloxía, Laboratorio e Dermatoloxía, unida á falta de investimentos e á ausencia de cobertura de baixas e vacacións, reflicte a desidia coa que o PP trata a sanidade pública no rural”, sinalou García Porto.

Un dos exemplos máis graves desta situación é a avaría do mamógrafo do hospital, que leva sen funcionar con normalidade dende xuño de 2024. “As mulleres que precisan facerse unha mamografía atópanse cun escenario surrealista: se as imaxes non son lexibles, son derivadas ao HULA para repetir a proba. Esta situación, ademais de ser inadmisible, pon en risco a saúde das pacientes”, denunciou a Deputada socialista.

A proposta aprobada no Pleno reclama a reparación ou substitución inmediata do mamógrafo, a dotación de especialistas para garantir unha atención sanitaria de calidade e a cobertura das baixas e vacacións para evitar que a calidade do servizo dependa do sobresforzo do persoal sanitario.

“Dende Fraga empezaron os recortes en Monforte, e lanzaron moitas promesas, promesas incumpridas como a última na que prometían un investimento de 15 millóns de euros que se quedou finalmente en 1,5M€, o que resulta un insulto á veciñanza que precisa unha atención digna”, apuntou a Deputada.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...