HomePolíticaOs socialistas de Bóveda alertan de que os centros de saúde do...

Os socialistas de Bóveda alertan de que os centros de saúde do concello volven estar sen médico

Os socialistas denuncian que a falta de médicos en Bóveda forma parte dun deterioro xeral da sanidade pública no rural. “Nunca estivemos tan mal como agora. Antes, polo menos, había certa rotación de persoal para cubrir os dous centros de saúde do municipio, pero agora nin iso: nin cobren os días libres, nin as baixas, nin as vacacións. Isto xa non se pode consentir”, sosteñen.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A agrupación do PSdeG en Bóveda denuncia que os Centros de Saúde de Rubián e Bóveda volven quedar sen médico os mércores, xoves e o luns da próxima semana. A voceira municipal socialista, Carmen Macía, amósase indignada por esta situación que “se está convertendo na norma e non nunha excepción. É unha absoluta vergoña e un abandono inaceptable da nosa sanidade pública”, critica.

“Cada vez que o médico pide días libres ou ten algunha incidencia, directamente desaparece a atención sanitaria en Bóveda. Isto non é normal nin tolerable, non é culpa do profesional, é culpa da Xunta que non está facendo as substitucións”, denuncia Macía.

O PSdeG insta á Xunta a tomar medidas urxentes e a garantir a cobertura médica en Bóveda, xa que “non pode ser que a atención sanitaria dependa da sorte ou das circunstancias persoais dos médicos titulares”. Ademais, esixen que o Concello deixe de mirar cara outro lado e presione para que se resolva esta situación. “O Alcalde demostra unha vez máis que prefire seguir as directrices do seu partido antes que defender os dereitos da súa veciñanza”, critica a socialista.

“O PP di que quere fixar poboación no rural, pero a realidade é que nos está expulsando por falta de servizos públicos. Sen sanidade, sen médicos, sen coidados para a nosa xente maior, como queren que sigamos aquí?”, conclúe a voceira do PSdeG.

ÚLTIMAS

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...