HomePolíticaPrivatización de servizos na Pobra do Brollón?

Privatización de servizos na Pobra do Brollón?

O PP do concello da Pobra do Brollón denuncia a privatización do mantemento do alumeado público e do abastecemento de auga e saneamento.

Publicado o

- Advertisement -

Segundo os populares da Pobra do Brollón, o Concello iniciou dous procedementos para a contratación destes servizos. No prego de prescricións técnicas para a contratación do servizo de electricidade establece un prezo de 25.000 euros anuais e para o contrato de fontanería recóllense 35.000 euros anuais.

O PP quere coñecer os informes técnicos e económicos que avalan esta privatización por se supón unha mellora do servizo ou unha diminución do custe para as arcas municipais. En todo caso lamentan que o equipo de goberno aposte por externalizar servizos que poden realizar, dín, os operarios municipais, e aseguran que se no procedemento aberto estes servizos son adxudicados a unha empresa de fóra do municipio, tamén se perde a posibilidade de ofrecer emprego aos veciños do concello.

Os populares dín lamentar estas políticas que “chocan coas críticas que o BNG verte continuamente sobre o Partido Popular.”

ÚLTIMAS

O sector do Porco Celta ante a ameaza da peste porcina africana

A peste porcina africana (PPA), sen ter chegado aínda a moitos territorios, está a...

O pleno de Monforte vota este luns a dimisión de Tomé como alcalde

O pleno de Monforte de Lemos debaterá este luns a dimisión de José Tomé...

Tres proxectos da Deputación de Lugo potenciaron este 2025 o turismo sostible

A Deputación de Lugo potenciou este 2025 os encoros, o románico e as viaxes...

Oferta teatral para esta tarde en Taboada e Quiroga

O Concello de Taboada organiza na tarde deste domingo 28 de decembro unha obra...