HomePolíticaMontserrat Mulet, presidenta do PP de Paradela

Montserrat Mulet, presidenta do PP de Paradela

A rexedora e presidenta do PP local prometeu "traballo" e "escoitar" aos veciños, e propúxose como obxectivo integrar a xente nova no proxecto dos 'populares'.

Publicado o

POR
Redaccción
- Advertisement -

Montserrat Mulet foi elixida nova presidenta do PP de Paradela, de onde é alcaldesa, no congreso da agrupación local do partido, celebrado este xoves, e no que Mulet foi designada por aclamación, ao ser a única candidata presentada.

A presidenta provincial do partido, Elena Candia, que participou no congreso xunto a outros cargos da formación, agradeceu á alcaldesa de Paradela que asumise esta responsabilidade e destacou a súa “lealdade” co proxecto do PP e cos seus veciños.

Montserrat Mulet contará na súa directiva cos concelleiros Jesús Pablo López (secretario xeral), Ana Belén López (secretaria de organización), e Hugo Morán (vogal), xunto a Marisol Arias, Rocío Domínguez, Manuel Sánchez, Iria Regueiro, Nuria López, Marcos Rodríguez, Susana Núñez e José Luís Pérez. Ademais, no congreso, José Manuel Mato foi nomeado presidente de honra.

ÚLTIMAS

“A marcha nórdica activa o 90% da musculatura e, se sorrís, o 100%”, Alberto Fidalgo, subcampión do mundo

Alberto Fidalgo cóntanos que dende pequeno sentiu atracción polos deportes de montaña e natureza,...

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...