HomePolíticaO BNG denuncia a inacción da Xunta e do Concello de Chantada...

O BNG denuncia a inacción da Xunta e do Concello de Chantada para construír un novo campo de fútbol

Tralo acordo parlamentario para construír un novo campo de fútbol en Chantada, o deputado, Iago Suárez, acusa a ambas administracións de "desidia" ao non cumprir co acordado e asegura que, con esta actitude, quen perde é a veciñanza.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En xullo do pasado ano, na comisión 1ª do Parlamento tomouse un acordo por unanimidade nunha iniciativa do BNG defendida por Suárez. Nela pedíase pedíase a construción dun novo campo de fútbol na localidade do Asma. Actualmente en Chantada compiten e adestran no campo municipal do Sangoñedo (o único dispoñíbel) máis de 10 equipos, “unha moi boa noticia que dá boa conta da boa saúde que goza o deporte na nosa localidade e do bo facer dos clubes que fan un grande traballo a favor da promoción do deporte e da actividade física”, asegura Suárez.

O acordo ao que se chegou no Parlamento indica que o Concello de Chantada debe realizar un estudo acerca da necesidade do novo campo. Isto, segundo Suárez, “non debería ser para nada un problema xa que, con centos de rapazas e rapaces adestrando e xogando no Sangoñedo, está máis que acreditada a necesidade dun novo campo”. Ademais, pedíase outro estudo ao Concello acerca da posíbel localización desta infraestrutura deportiva, “Ata onde sabemoso o concello non realizou os estudos pero a Xunta tampouco se preocupou o máis mínimo. O tecido futbolístico de Chantada segue manga por ombro, é realmente triste”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...