HomePolíticaInvestimentos da Xunta na Pobra do Brollón no 2018

Investimentos da Xunta na Pobra do Brollón no 2018

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, visitou a ruta da castaña e do mel,  itinerario homologado pola Federación Galega de Montañismo, e destacou que a Xunta investiu na Pobra do Brollón, 1,4 millóns de euros no 2018.

Publicado o

- Advertisement -

Entre as achegas da Xunta máis relevantes, pola súa contía, están as dirixidas ao sector agrogandeiro, que inclúen axudas para incorporación de mozos, para pequenas explotacións e os plans de mellora. Para este fin destináronse 700.000 euros.

Para a mellora de estradas e camiños rurais destináronse 25.000 euros e pouco máis de 50.000 para a renovación de pistas forestais e cortalumes. Os apoios ás comunidades de montes veciñais para a construción de puntos de auga e limpezas supuxeron 22.300 euros.

Do Fondo de Cooperación Local, o concello recibe máis de 209.000 para destinar ao que considere. No ámbito social, o sostemento do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes, supón unha achega directa de preto de 121.400 euros. Para a mellora das instalacións educativas e culturais, como equipamentos para a biblioteca municipal, a actuación arqueolóxica no castro de San Lourenzo ou as obras realizadas no colexio (reforma interior, baños, aula de informática,…), destináronse 123.0000 euros.

Para poñer en valor o potencial turístico do Concello, a Xunta, a través do GDR Ribeira Sacra-Courel, destinou 24.600 euros para a Cova das Choias, a mina romana de ouro dos Medos, a aldea da Veneira de Roques, a Devesa de Loureiro e os Sequeiros do Mazo. Para proxectos na Rede Natura achegáronse 8.500 euros para a rehabilitación da fonte de Óutara e da contorna da ponte Barxa de Lor.

No ámbito do emprego a Xunta financiou a contratación de catro traballadores a través dos programas Aprol Rural e Risga e ao axente local de emprego, cunha achega conxunta que supera os 45.000 euros.

 

ÚLTIMAS

Sarria celebra dez anos do Esmorga Fest os días 17 e 18 de outubro

O festival comeza o venres 17 ás 20:00 horas coa apertura de portas na...

Publicadas as listaxes definitivas de admitidos no Programa Activa de Monforte que abre prazo extraordinario para cubrir vacantes

Xa están publicadas na páxina web municipal as listaxes definitivas de persoas admitidas nas...

Prodeme participa no Meeting Internacional Special Olympics 2025

Son 9 os deportistas de PRODEME quen viaxaron a Castelló, 7 xogadores compiten na...

‘Xornadas Lactouras’: achegamento á micoloxía desde diferentes perspectivas

Conta atrás para as 'Xornadas Lactouras', un ciclo de actividades arredor da micoloxía que...