HomePolíticaPor Chantada-IGV alerta dun novo catastrazo

Por Chantada-IGV alerta dun novo catastrazo

Por Chantada asegura que en marzo deste ano, o alcalde de Chantada adoptou a resolución de colaborar coa empresa Cartografía e Medicións S.L. para revisar todas as licenzas e comunicaciós previas dos últimos cinco anos, así como a consulta doutros expedientes "co que é de contar que se vai producir un incremento da presión fiscal no medio rural", afirman.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo Por Chantada nas dúas lexislaturas pasadas, o concello de Chantada recadou 600.000€ co catastrazo, ao que se engadirían as anualidades cobradas con carácter retroactivo. “Uns ingresos que viñeron marcados por unha reforma do ministro Montoro e que foron decisivos en Chantada para poder facer fronte no seu momento ao plan de axuste e á débeda que tiña o Concello de Chantada, que estaba tecnicamente quebrado”, explican desde Por Chantada.

Nesta lexislatura explican que unha empresa tamén fixo traballos catastrais que afectaron, principalmente a núcleos rurais onde fincas de patacas ou a barbeiro pasan a seren consideradas solares, “pasando a pagar agora IBI urbano e non rural multiplicando a carga impositiva nas aldeas”.

Agora, Por Chantada alerta dun novo catastrazo coa colaboración entre o concello e a empresa Cartografía e Medicións S.L. “Consideramos que houbo un incremento importante da presión fiscal e dos impostos nas últimas lexislaturas con especial incidencia no medio rural (IBI, Catastro, lixo…), en canto os servizos e as infraestruturas distan anos luz da media europea. Isto só favorece que as parroquias queden sen xente”, aseguran.

Lamentan desde Por Chantada que o rural pague impostos e pareza abandonado polo concello, “que bonifica impostos no casco antigo ou no Polígono, mais non ás granxas ou á viciñanza que aposta pola aldea”. A este respecto lembran que Interior Galego Vivo impulsara unha moción con medidas para unha fiscalidade rural que se remitiu ao Congreso e ao Senado sen resultados.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...