HomePolíticaO PP pedirá no Parlamento galego que o Goberno central cumpra a...

O PP pedirá no Parlamento galego que o Goberno central cumpra a Lei ELA

O Grupo Popular esixirá ao Goberno central no Parlamento de Galicia que cumpra o recollido na Lei ELA e concrete o financiamento para as persoas que padecen esta enfermidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A portavoz popular de Política Social, Raquel Arias, e a tamén deputada, Katy Varela, mantiveron un encontro con representantes do Grupo Compostela, responsables da organización e acompañamento para que os enfermos de ELA realicen o Camiño de Santiago, unha iniciativa que este ano levarán adiante entre os días 3 e 10 de setembro.

Neste encontro avanzouse, ademais, que Monforte de Lemos será escenario o vindeiro 22 de xuño da primeira marcha solidaria pola ELA-Memorial Germán Vázquez, organizado pola asociación Agaela Galicia, para a que as deputadas populares amosaron o seu apoio e colaboración.

As deputadas avanzaron aos representantes do Grupo Compostela que o Grupo Popular presentará no Parlamento de Galicia unha iniciativa para esixir ao Goberno de Pedro Sánchez que cumpra urxentemente coa Lei ELA, aprobada hai sete meses no Congreso pero que a día de hoxe segue sen financiamento.

“En contraposición, a Xunta volverá a poñer a disposición dos afectados pola ELA axudas por un importe de 3 millóns de euros, nunha mostra do compromiso do Goberno galego con estes enfermos e as necesidades que teñen, tanto no ámbito da adquisición de produtos de apoio, aparatos de aire acondicionado, adaptación do domicilio ou da contorna, a compra dun vehículo adaptado ou atención fisioterapéutica, de rehabilitación ou psicolóxica”, manifestaron.

Galicia foi a primeira comunidade autónoma en convocar axudas directas e automáticas para os enfermos de ELA e as súas familias, achegando arredor de 12.000 euros “a unha media de 200 beneficiarios cada ano de xeito inmediato e sen realizar complicados trámites burocráticos”.

Así mesmo, a Xunta reforzou nestes anos a atención clínica e a valoración da dependencia, poñendo en marcha unha vía preferente para as solicitudes de dependencia das persoas con ELA.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...