HomePolíticaOs socialistas de Triacastela acusan ao goberno local da marcha da maior...

Os socialistas de Triacastela acusan ao goberno local da marcha da maior empresa local

O PSdeG-PSOE de Triacastela lamenta que a empresa Metal Power se vexa obrigada a abandonar o municipio por non poder construír unha nave industrial axeitada a súa actividade," despois de doce anos de promesas incumpridas por parte da alcaldesa".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Metal Power é unha empresa familiar que conta con preto de vinte traballadores, sendo a principal fonte de emprego privado en Triacastela, segundo apuntan desde o PSdeG-PSOE. As actuais instalacións, un pequeno taller familiar, son insuficientes e obrigan a operar por quendas. Levan anos pedindo solo industrial para construír unha nave máis grande que lles permita desenvolver o seu traballo.

Os socialistas lamentan que o goberno local non ofrecera solucións, “tras agardar máis dunha década pola creación dun polígono industrial e ante a falta de compromiso da alcaldesa, a empresa viuse obrigada a marchar a outro concello, onde xa adquiriron varias parcelas para garantir a súa viabilidade e o seu crecemento”.

Desde o PSdeG de Triacastela critican o proceder do grupo de goberno municipal e afirman que, “forzaron á empresa a marchar de Triacastela por non poder desenvolver axeitadamente a súa actividade, incumprindo as promesas feitas ao empresario, que ademais figuraban no propio programa electoral da alcaldesa”.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...