HomePolíticaEsperta Monforte reclama "igualdade" na concesión de subvencións

Esperta Monforte reclama “igualdade” na concesión de subvencións

Esta formación política demanda tamén que o goberno aplique desde a xestión pública, "os principios que se defenden nas campañas promocionais". Isto ao ter sospeitas de que se encargaron fóra de Monforte as medallas e insignias que se entregaron á corporación municipal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo Esperta Monforte a resposta dada no pleno á súa pregunta, de por que o concello colabora con España Creativa e non con Semente Monforte, “demostra desleixo á hora de xestionar os fondos municipais”. José Tomé xustificábao como que “Semente non é creativa”.

Esperta Monforte reclama que as subvencións se concedan con base a principios de igualdade, méritos e transparencia “e non segundo simpatía ou lemas alleos aos intereses da veciñanza”.

Para respaldar a súa reclamación explican que o Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra “é unha iniciativa consolidada con raíces no territorio que aposta pola dinamización sociocomunitaria e pola cultura desde abaixo”. Pregúntanse se iso non é creativo e que criterios segue o alcalde para distinguir o que merece ou non apoio económico.

Esperta Monforte refírese tamén “á incoherencia do alcalde ao promover campañas de apoio ao comercio local mentres realiza compras institucionais fóra de monforte”. Segundo as fontes de Esperta Monforte, “as medallas e insignias que se entragaron aos membros da corporación municipal encargáronse en Lugo, mentres o concello promove campañas para fomentar o comercio local”.

E conclúen asegurando que no concello cóntase con profesionais para estes encargos, “e que a promoción do consumo de proximidade non debería limitarse a campañas puntuais”.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...