HomePolíticaCal é a situación dos traballadores de LogiRail en Monforte?

Cal é a situación dos traballadores de LogiRail en Monforte?

O Partido Popular volve interesarse pola situación dos traballadores de LogiRail, filial do Grupo Renfe, que prestan os seus servizos no Centro de Ciberseguridade de Monforte. Aseguran que as condicións laborais teñen motivado a convocatoria de folga nacional por parte do Sindicato Ferroviario.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O deputado monfortino no Congreso Francisco Conde e as deputadas autonómicas Katy Varela -tamén portavoz do PP de Monforte- e Raquel Arias mantiveron un encontro cos afectados. Segundo os populares, as condicións laborais dos traballadores non son aceptables, “con salarios que non se corresponden coas funcións de máis cualificación que están desenvolvendo. Por iso, Logirail, Renfe e o Ministerio de Transportes y Movilidad Sotenible teñen que asumir as súas responsabilidades cos traballadores actualizando as categorías dos contratos e eliminando as prácticas actuais de contratación temporais de 3 e 6 meses aos efectos de garantir a súa estabilidade laboral”.

Os concelleiros do Partido Popular lamentan que ante as súas preguntas no último Pleno, “o alcalde se lavou as mans dicindo que é responsabilidade de Adif”. Pola súa banda, os deputados lucenses rexistraron formalmente preguntas dirixidas ao Goberno de España para que explique a situación dos traballadores de LogiRail.

Os populares advirten que “outro dos anuncios de Tomé, como foi o caso da creación do Centro de Ciberseguridade de Renfe en Monforte, se volveu fume. Tomé afirmara que se crearían ata 100 postos de traballo e que no 2025 habería 40, cando en realidade só hai 10 traballadores en condicións precarias con respecto a outros traballadores de Renfe.

“Estase a demostrar que a forma de facer política de Tomé está moi afastada da realidade e da política útil que nos piden os monfortinos. É unha política feita por Tomé e para Tomé, non para Monforte”, sinala Francisco Conde.

ÚLTIMAS

Patricia Varela Fernández, nova responsable local do BNG do Saviñao

A nova voceira nacionalista é veciña de Vilaesteva e profesora de Lingua Galega de...

Monforte convoca axudas para deportistas invidivuais federados

O Boletín Oficial da Provincia de Lugo publicou este pasado martes, 20 de outubro,...

IGV denuncia que a Deputación convoca axudas para a vivenda do seu persoal e non impulsa unha política propia de vivenda social

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 17 de outubro de 2026 recolle unha...

A Cooperativa Lemos celebra a súa xuntanza anual e cea de confraternidade

A Cooperativa Lemos celebrou a súa xuntanza anual e cea de confraternidade para apoiar...