HomePolíticaO PP cualifica de intransitable a estrada provincial LU-P-4707 na Pobra do...

O PP cualifica de intransitable a estrada provincial LU-P-4707 na Pobra do Brollón

Os deputados provinciais Antonio Ameijide e Héctor Corujo comprobaron xunto ao portavoz municipal, Teddy López, o“pésimo estado” da desta vía que comunica os lugares de Lebrón, Covadelas e A Veneira de Roques

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Aseguran desde o PP que a circulación por esta estrada de titularidade da Deputación de Lugo, máis que incómoda, “é moi dificultosa para os vehículos que se vén obrigados a circular a velocidades anormalmente reducidas porque o firme está desfeito acumulando unha sucesión de fochancas, grava e pedras soltas”.

O portavoz provincial esixe á Deputación que tome medidas de forma inmediata “porque as estradas provinciais non poden estar neste lamentable e perigoso estado”.

A estrada dá acceso á capela de San Vitoiro onde, en menos de tres semanas, o 27 de agosto, se celebra a romaría do municipio, un dos principais eventos anuais do concello da Pobra do Brollón e unha cita moi querida polos veciños e veciñas. Pero, “ante o estado desta estrada, moitos xa nos teñen trasladado que este ano non teñen previsto asistir polo mal estado da vía provincial”.

Ameijide condena, tamén, que “esta imaxe de abandono das vías provinciais sexa a que traslade do goberno de PSOE e BNG sobre a nosa provincia ás persoas que nos visitan este verán”.

Os deputados do Partido Popular inciden, ademais, en reclamar “igualdade de trato” entre tódolos veciños e veciñas, “xa sexa á hora de repartir os fondos da Deputación a través de convenios con tódolos concellos da provincia, establecendo as mesmas condicións e prezos en tódalas residencias da Deputación ou mantendo en bo estado todas as estradas provinciais”.

O portavoz popular lembra que estas vías no concello de Monforte, onde goberna o presidente da Deputación, José Tomé, “se atopan en perfecto estado de revista” polo que reclama “o mesmo trato para A Pobra do Brollón”.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...