HomePolíticaCinco familias poden conciliar grazas á Casa Niño de Folgoso do Courel

Cinco familias poden conciliar grazas á Casa Niño de Folgoso do Courel

Está financiada pola Xunta e recibiu a visita do delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro. Actualmente atende a cinco nenos e nenas de entre 3 meses e 3 anos.

Publicado o

- Advertisement -

Balseiro coñeceu as instalacións acompañado da súa promotora, Alba Rodríguez Sanmartín, e da alcaldesa, Dolores Castro. Salientou que o Goberno galego aposta por este modelo pioneiro de atención á primeira infancia e de conciliación familiar no medio rural. Avanzou tamén que se ampliará proximamente a rede de centros ao abeiro da terceira convocatoria de axudas da Consellería de Política Social.

A casa niño de Folgoso do Courel está funcionando dende principios de 2017 e presta un servizo gratuíto de conciliación e atención á primeira infancia a cinco familias do concello. Funciona de luns a venres con horario de 9:00 a 17:00 horas. Estes fogares proporcionan atención a nenos e nenas con garantías de seguridade e calidade, esixíndose unha formación ou experiencia profesional específica aos coidadores e  impoñéndose ademais uns requisitos e normas de seguridade nas instalacións.

O delegado territorial engadiu que este sistema de conciliación contribúe a “fomentar o autoemprego e mellorar as condicións de vida das propias familias, dotando aos municipios de recursos de conciliación e eliminando así un dos inconvenientes cos que se poden atopar os pais e nais nas contornas rurais”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...