HomePolíticaO PSdeG de Sarria denuncia o abandono da ponte da Áspera

O PSdeG de Sarria denuncia o abandono da ponte da Áspera

Os socialistas lembran que no último pleno preguntaron ao Alcalde pola situación da Ponte e obtiveron como resposta que era "responsabilidade da Xunta e de Patrimonio". Para o PSdeG, "isto non exime ao Concello da súa obriga de actuar e de liderar as xestións para garantir a conservación dun ben de tanto valor".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O PSdeG-PSOE de Sarria alerta de dúas situacións que “afectan á imaxe, á comodidade e ao patrimonio da vila”: a instalación de seis contedores de lixo xuntos en pleno centro urbano, a escasos metros de terrazas de bares e restaurantes”, e o estado de abandono da Ponte da Áspera, un dos monumentos máis emblemáticos do Camiño de Santiago ao seu paso polo municipio.

O voceiro socialista, Benjamín Escontrela, cualificou estas actuacións e omisións como “un exemplo máis da deixadez e da falta de sensibilidade do Alcalde, que prexudica tanto á veciñanza como aos visitantes”.

Segundo explicou o voceiro socialista, Benjamín Escontrela, a recente colocación dos contedores “xera un impacto visual moi negativo, malos cheiros e unha convivencia forzada entre espazos de lecer e puntos de recollida de lixo”. A esta situación engádese un panel informativo no centro da vila que resulta ilexible e que “non cumpre a súa función básica, que é informar”. O PSdeG reclama a reubicación inmediata dos contedores, a limpeza e mantemento reforzado da zona e a reparación do panel informativo para que cumpra a súa función.

No ámbito patrimonial, Escontrela advertiu do estado de abandono da Ponte da Áspera, construción de orixe medieval con tres arcos románicos que forma parte da etapa entre Sarria e Portomarín do Camiño Francés. Este paso sobre o río Celeiro é unha referencia histórica e cultural, mais presenta danos visibles na calzada e na súa contorna que poñen en risco tanto a seguridade dos veciños e peregrinos como a imaxe patrimonial de Sarria. “É unha vergoña que estea neste estado de deixadez, que pon en risco tanto a seguridade de camiñantes como a integridade do patrimonio”, denuncio Escrontela.

Piden os socialistas que o Concello demande da Xunta e de Patriminio unha intervención inmediata. Instan ao goberno local a actuar con urxencia e responsabilidade para resolver estas dúas cuestións, “que danan a imaxe da vila, incomodan á veciñanza e desprezan o noso patrimonio histórico”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...