HomePolíticaPontón pídelle a Rueda que integre aos menores migrantes "no sistema de...

Pontón pídelle a Rueda que integre aos menores migrantes “no sistema de protección á infancia sen discriminación”

A portavoz nacional, Ana Pontón, pediulle este xoves en Monforte ao titular da Xunta, Alfonso Rueda, que "preste atención aos menores migrantes que precisan entrar no sistema integral de protección á infancia e de acollemento de menores, sen estigmatizalos e sen crear ningún tipo de discriminación, ningún tipo de exclusión e ningún tipo de gueto".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na visita ao edificio da asociación PRODEME que foi atacado ao coñecerse que albergaría un centro de acollida para menores migrantes, Pontón lembrou que se trata de nenos e nenas que están fuxindo de situacións miserables, “que en moitas circunstancias están fuxindo de guerras e o que necesitan é a nosa acollida, a nosa axuda e a nosa solidariedade”.

Pontón dixo agardar a pronta detención das persoas que atentaron contra estas instalacións, “uns feitos que son consecuencia da actuación irresponsable dun Goberno do PP que empezou unha campaña e un discurso de intolerancia, inhumanidade e mentiras” desde que se anunciou o acollemento de 317 menores migrantes en Galiza”. Acusa a Rueda de manter o discurso de confrontación co Goberno Central e de mentir cando responsabiliza aos menores migrantes do colapso do sistema de acollida de menores, “cando o problema é a falta de investimento. O que ten que facer o señor Rueda é traballar para defender os dereitos da infancia porque o que leva feito nestes 16 anos é desprotexer aos menores”, afirmou.

“O Goberno do PP non construíu nin un só centro de menores, de aí que só haxa catro centros públicos en toda Galiza” e advertiu Pontón que “a maior parte das prazas que hai no País están privatizadas mentres as familias de acollida están caendo en picado pola falta de apoio que precisa esta parte central do sistema”. Por iso, a portavoz nacional volveu instar ao titular da Xunta a rectificar e integrar a estes menores “non en guetos, senón no sistema ordinario de protección á infancia”.

Pontón visita edificio Prodeme migrantes / BNG

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...