HomePolíticaO BNG pregunta no Parlamento pola falta de docentes nos colexios do...

O BNG pregunta no Parlamento pola falta de docentes nos colexios do Saviñao

O Concello do Saviñao conta no seu termo municipal con dous centros de ensino: O centro público integrado Dr. López Suárez, e o colexio público de Currelos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O responsable local do BNG no Saviñao, Carlos de Vilacaiz, afirma que “a falta de docentes é algo que evidencia o desleixo e tratamento inapropiado con estes centros de quen ten as competencias exclusivas en educación no noso país”.

O BNG do Saviñao asegura que os dous centros presentan eivas evidentes en varios ámbitos, polo que da man do/a deputado/a Iago Suárez Fernández e Cristina Fernández Davila, reclaman no Parlamento de Galicia, a actuación urxente do Executivo galego, en concreto da Consellaría de Educación, para corrixir a falta de docentes.

Aseguran que no CPI Dr. López Suárez non se cubriu a praza dunha docente e que as e os profesionais dos centros encóntranse sobre pasados de carga de traballo, algo que redunda negativamente na calidade educativa que se ofrece á rapazada, “non por culpa do cadro de persoal que dá o mellor de si cada día do curso académico, senón pola deixadez do Goberno galego nesta materia”.

“Non podemos menos que esixir á Consellaría que actúe á maior celeridade posíbel e que non deixe no desleixo a estes dous centros”, conclúe o portavoz do BNG no Saviñao.

ÚLTIMAS

Monforte entrega os premios do Certame de Narración e Debuxo Infantil das Letras Galegas

O certame organizado pola Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro e a Biblioteca Provincial...

O Ciclo Mestre Mateo chega este verán a Taboada, A Pobra do Brollón e Sarria

Nesta edición, o público poderá ver un total de oito títulos: Sirât, As liñas...

Premio Escoba de Platino 2026 para Monforte e xa van 4

Esta semana, o alcalde de Monforte, José Tomé Roca, trasladouse a Madrid para recoller...

Comeza a mellora do campo de fútbol da Ribela en Sarria á que se destinan 516.200€

Este xoves comezaron as obras e visitou as instalacións deportivas o delegado territorial de...