HomePolíticaO PP de Monforte xa ten candidato á alcaldía

O PP de Monforte xa ten candidato á alcaldía

Os últimos cinco presidentes locais e o presidente do comité electoral, respaldan e apoian o nomeamento como candidato do PP á alcaldía de Monforte do médico monfortino José Miguel González Lemos.

Publicado o

- Advertisement -

O Partido Popular provincial de Lugo consultou cos presidentes do PP de Monforte dende os últimos 20 anos e co presidente do comité electoral local na procura dun candidato de consenso de cara ás vindeiras eleccións municipais. A consulta deu como resultado a elección de José Miguel González Lemos, quedando fóra os nomes barallados ata o momento, a portavoz Julia Rodríguez Barreira e o empresario Roberto Eireos.

O novo candidato será presentado oficialmente este sábado en Monforte nun acto que contará coa presenza de cargos do Partido Popular de Galicia e da provincia.

José Miguel González naceu no 81, Licenciado en Medicina e Ciruxía pola USC, desde o 2010 traballa como médico de urxencias extrahospitalarias de Atención Primaria no PAC de Monforte.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...