HomePolíticaO PP pedirá explicacións no Congreso pola supresión da praza de carteiro...

O PP pedirá explicacións no Congreso pola supresión da praza de carteiro en Ribas de Sil

Os concelleiros populares defenderon no último Pleno esixir “a implicación do alcalde para solicitar ante o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostenible e a Sociedad Estatal Correos y Telégrafos, S.A. a adopción de medidas de forma urxente para corrixir a situación que xera atrasos recorrentes na entrega de cartas e paquetes aos veciños e veciñas", o equipo de Goberno votou en contra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira popular, Sandra Macía, condena a perda de servizos no municipio “sen que o alcalde faga nada”. A popular explica que “os servizos ferroviarios foron a menos, suprimíronse paradas do tren, despois pechou a única oficina bancaria e agora estamos sen carteiro. Non podemos deixar perder máis servizos para os veciños e veciñas”.

Pola súa banda, o deputado Francisco Conde anunciou que o Partido Popular pedirá explicacións no Congreso ao Goberno de Sánchez -tanto ao Ministerio de Transportes como a Correos- pola supresión da praza de carteiro en Ribas de Sil e esixirá a súa recuperación para que os veciños e veciñas poidan recuperar a normalidade”.

A deputada autonómica Raquel Arias considera “sorprendente” que un alcalde vote en contra de servizos para o seu pobo, “pero non é sorprendente que Sánchez deixe ao rural sen servizos”. Nese sentido, lembrou a situación da zona sur da provincia onde “cada vez dispoñemos de menos servizos ferroviarios, non temos paradas de autobuses, a N-120 está chea de fochancas sendo un perigo para a circulación e Ribas de Sil non ten carteiro. É un suma e segue por parte do Goberno de Pedro Sánchez”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...