HomePolíticaO PP lucense esíxelle ao Goberno de Sánchez “a rehabilitación integral da...

O PP lucense esíxelle ao Goberno de Sánchez “a rehabilitación integral da N-120 na provincia”

Os senadores por Lugo anunciaron a iniciativa acompañados polo alcalde de Pantón, José Luis Álvarez Blanco, rexedores, concelleiros e portavoces doutros municipios polos que pasa esta vía de titularidade estatal

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O PP esixe, unha vez máis, ao Goberno de Sánchez “actuar con urxencia” nos tramos lucenses da estrada N-120, a principal vía de conexión entre o sur da provincia de Lugo (as comarcas de Quiroga e Terra de Lemos) con Ourense.

Os senadores pola provincia –José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano- anunciaron dende Pantón acompañados polo alcalde do municipio, José Luis Álvarez Blanco, rexedores, concelleiros e portavoces dos municipios polos que transcorre esta vía, unha iniciativa coa que instarán dende o Senado á rehabilitación integral do seu pavimento, a mellora da sinalización viaria e do seu trazado. A través desta proposta instan tamén ao Goberno de Sánchez a “cumprir o compromiso de desenvolver o terceiro carril entre Guítara e Ourense, así como estudar o desdobramento da vía alí onde sexa tecnicamente viable”.

Os senadores do PP teñen preguntado formalmente pola situación do arranxo prometido para o tramo lucense desta vía en xaneiro do 2023, pero aseguran non térselles aclarado nada.

Barreiro anunciou que “a proposta sairá adiante tendo en conta a maioría absoluta do PP no Senado e servirá para ver a vontade dos socialistas lucenses e nacionalistas con esta infraestrutura e coa nosa provincia”.

O alcalde do municipio, José Luis Álvarez Blanco, incidiu no mal estado da estrada “onde fai tempo que non se fai mantemento”. Ademais, lembrou o proxecto para o terceiro carril de subida, pero tamén considera “moi importante que haxa unha zona en sentido baixada para poder adiantar.”

Os populares inciden na importancia de garantir as condicións de seguridade en todo o percorrido da infraestrutura, “Nos últimos anos, as queixas polo mal estado do seu pavimento multiplícanse ao acumular un gran deterioro en moitos tramos que presentan buratos, gretas ou blandóns e que xeran riscos de seguridade viaria.”

ÚLTIMAS

Chantada mellora a Fonte da Ponte

Co obxectivo de seguir mellorando esta infraestrutura o Concello de Chantada está xestionando coa...

Obradoiro de igualdade e prevención da violencia de xénero no CPI Poeta Uxío Novoneyra

A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, visitou este 11 de novembro o...

O Parador de Monforte mellorará a comezos do 2026 as súas instalacións cun investimento 3,5M€

Paradores de Turismo acometerá unha reforma integral no histórico establecemento de Monforte de Lemos...

Ata o 15 de novembro pode visitarse na Compañía de Monforte o roadshow do INCIBE

O camión estará aberto ata o sábado 15, en horario de 9.00 a 14.00...