HomePolíticaA nova xestora de PP de Monforte e o seu candidato presentaranse...

A nova xestora de PP de Monforte e o seu candidato presentaranse o luns

O acto celebrarase ás cinco da tarde na sede do PP en Monforte.

Publicado o

- Advertisement -

O PP provincial explica que Julia Rodríguez, a que era presidenta local do Partido Popular en Monforte, vén de anunciar que deixa o cargo, o que trae consigo a constitución dunha xestora. A  composición da nova xestora local darase a coñecer xunto coa presentación oficial do candidato á alcaldía, José Miguel González.

O acto contará con representantes do PPdeG, do Partido Popular da provincia de Lugo e do PP de Monforte que arrouparán a Miguel González na súa presentación como candidato á alcaldía. Inicialmente estaba previsto que fose este sábado pero a dirección provincial anunciou que se trasladaba a comezos de semana, concretamente o luns 28 de xaneiro.

ÚLTIMAS

O Camiño de Inverno e o ceo Starlight de Chantada danse cita o 9 de outubro na xornada Ceo no Camiño

A iniciativa que forma parte da actividade astroturística do Concello de Chantada está financiada...

Chantada comeza as obras de rehabilitación do edificio da Academia como nova Casa Consistorial

Este luns, 5 de outubro, asinouse a acta de replanteo que permitirá comezar coas...

Este xoves, 8 de outubro, comeza no Multiusos de Monforte a programación teatral do último trimestre

O concello de Monforte presenta unha completa programación teatral deseñada desde a Concellería de...

Éxito organizativo e de participación na primeira edición da ‘Nocturna do Xeoparque Montañas do Courel’

O pasado sábado, 3 de outubro, celebrouse a primeira edición da Nocturna do Xeoparque...