HomePolíticaJosé Manuel Franco, Presidente de Honra do PSOE da Pobra do Brollón

José Manuel Franco, Presidente de Honra do PSOE da Pobra do Brollón

Orixinario de Castroncelos é o actual Secretario Xeral en Madrid, leva militando no partido socialista máis de 30 anos e iniciou a súa carreira política en Monforte de Lemos, concello onde foi concelleiro.

Publicado o

- Advertisement -

O Grupo Socialista da Pobra do Brollón nomeou por unanimidade a José Manuel Franco Pardo como Presidente de Honra. Segundo palabras do Secretario Xeral, Alfonso Alaya, e o Voceiro, Javier González, este merecido recoñecemento chega “pola súa constante implicación coa Pobra do Brollón, poñendo en valor as súas orixes, e pola súa acérrima defensa das políticas sociais, a igualdade e o galeguismo”.

Franco Pardo, pola súa parte, agradeceulle aos compañeiros este nomeamento e subliñou que era un orgullo e algo moi especial para el ser Presidente da agrupación porque ten verdadeiros amigos e familia na Pobra do Brollón. Engade ademais que, aínda que vive en Madrid, vén sempre que pode para gozar da tranquilidade e beleza da contorna así como para palpar o agarimo que lle teñen os veciños, agarimo certamente recíproco.

José Manuel Franco. Fonte: PSdeG PSOE provincial

José Manuel Franco Pardo é veciño natural da parroquia de Castroncelos, Profesor Honorario da Facultade de Dereito da Universidade Autónoma de Madrid e actual Secretario Xeral do PSOE en Madrid. Leva militando no Partido Socialista máis de 30 anos tendo iniciado a súa traxectoria política en Monforte de Lemos como concelleiro.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...