HomePolíticaOs socialistas da Pobra do Brollón alertan de que o plan económico...

Os socialistas da Pobra do Brollón alertan de que o plan económico financiero “deixa en grave situación o concello”

O Grupo Municipal Socialista da Pobra do Brollón alerta da situación económica na que se atopa o Concello tras a aprobación no último pleno do Plan Económico-Financeiro, "un documento imposto polos incumprimentos reiterados do goberno local e que evidencia anos de desorde, falta de planificación e irresponsabilidade na xestión municipal".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os socialistas lembran que a Xunta de Galicia tivo que requirir ao Concello en varias ocasións para que aprobase este plan, “ante o incumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria”. Segundo os socialistas no último pleno, “o alcalde xustificou a situación apelando ao carácter deficitario de servizos básicos como o lixo, a auga ou o Servizo de Axuda no Fogar, así como ao incremento dos custos salariais e á dispersión poboacional”. Pero para os socialistas a situación económico débese tamén “á ausencia dunha planificación económica e organizativa do equipo de goberno, que durante anos non adoptou medidas para anticiparse nin corrixir os desequilibrios existentes”.

Lamentan que nesta situacion “o goberno municipal trasladara o desaxuste económico á veciñanza, co incremento do 50% no imposto de circulación e unha suba do 10% no IBI rústico”. Os socialistas alertan de que o gasto en persoal e en bens e servizos recibe arredor do 90% do orzamento municipal, unha cifra que consideran “absolutamente insostible e que deixa o Concello sen marxe real de manobra”. Consideran que “non pode pedirse este esforzo á cidadanía e incrementar as retribucións do alcalde e do tenente de alcalde en 500€ cada un, tras a reorganización do grupo de goberno.”

A formación lamenta tamén que o Plan fose elaborado sen contar coa oposición e sen buscar alternativas consensuadas, “É inadmisible que se chegue a este punto por non facer os deberes a tempo. Agora preséntannos un plan sen saída, que non resolve o problema de fondo e que só ofrece recortes e máis impostos”.

Os socialistas aseguran que “se abstiveron na votación por responsabilidade para evitar consecuencias aínda máis graves, pero marcando unha liña vermella fronte á forma de gobernar do alcalde. A Pobra do Brollón merece rigor, planificación e un proxecto serio de futuro”, concluíu Rubio.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...