HomePolíticaDeputación e Concello de Láncara valoran os investimentos en maquinaria

Deputación e Concello de Láncara valoran os investimentos en maquinaria

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Deputado pola Comarca de Sarria, Pablo Rivera Capón, e o Alcalde de Láncara, Darío Piñeiro López, supervisaron este xoves o impacto das melloras no parque móbil municipal.

Publicado o

- Advertisement -

Grazas a unha achega duns 100.00 euros do organismo provincial, o Concello de Láncara puido dispoñer estes últimos anos da maquinaria necesaria para acometer obras de acondicionamento de vías de comunicación, saneamentos e outros servizos imprescindibles para os veciños e veciñas.

Con este orzamento mercouse unha retroexcavadora e un camión guindastre cos que poder acondicionar e rehabilitar camiños, accesos ou saneamentos, entre outros. E grazas tamén a esta achega, o Concello de Láncara dispuxo de fondos para adquirir un camión de rego asfáltico e un pisón cos que mellorar vías e estradas nas 26 parroquias que ten o municipio.

Campos Conde destacou que “dende o Goberno da Deputación defendemos a mobilidade como un dereito para os veciños. Por iso, colaboramos cos concellos para a compra de maquinaría coa que mellorar os servizos e dotacións públicas dos que desfrutan os veciños. Queremos que todos os lucenses, sexan de núcleos rurais ou urbanos, desfruten das mesmas oportunidades, co fin de garantir un desenvolvemento en igualdade de condicións, vivas onde vivas”.

Piñeiro López agradeceu á Deputación o seu esforzo e implicación “por mellorar a calidade de vida de todos e cada un dos lancareses, pois estas son colaboracións das que se benefician o conxunto dos veciños do Concello, xa que serven para mellorar vías de comunicación, fundamentalmente no rural”.

Con esta colaboración do Goberno Provincial, o parque móbil de Láncara medrou nos últimos anos e conta a día de hoxe con maquinaria que lle permite acometer servizos básicos como obras de saneamento, arranxos de camiños e estradas, transporte de materiais, arranxo de accesos, construción de canalizacións, mellora de accesos a fincas, retirada de maleza das cunetas, etc.

ÚLTIMAS

DOCE SONS: 12 concertos para 12 causas dinamizando a Comarca Quiroguesa

O 24 de xaneiro comeza un ciclo de 12 concertos anuais (DOCE Sons), un...

O Camiño de Inverno celebra 10 anos de oficialidade e presenta campaña promocional en Fitur

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno, creada no 2018, para poñer en...

O PP de Monforte acusa a Tomé de “anuncios que non se concretan”

A voceira popular, Katy Varela, recorda que en decembro xa advertiran de atrasos e...

O programa Da Escola á Granxa optará ó Premio Aresa 2026

O programa cumpriu en 2025 catro edicións achegando a nenas e nenos de infantil...