HomePolíticaO PP preséntase como alternativa en Monforte tralo "estalo do caso Tomé"

O PP preséntase como alternativa en Monforte tralo “estalo do caso Tomé”

A presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, xunto aos voceiros do PP na Deputación, Antonio Ameijide, e en Monforte de Lemos, Katy Varela, mantiveron un encontro esta semana con afiliados e simpatizantes para analizar a situación política do municipio tralo estalo do caso José Tomé.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os populares analizaron durante a xuntanza, a situación que padece Monforte de Lemos, “co escándalo que envolve ao seu alcalde con presuntas denuncias por acoso sexual. Unha situación grave que non só dana a imaxe institucional do Concello, senón que sitúa á cidade nun foco negativo que prexudica aos seus veciños e veciñas”.

Os populares critican que “lonxe de asumir responsabilidades políticas, José Tomé continúa aferrado á alcaldía mentres os monfortinos pagan o custo dun alcalde máis preocupado por manter privilexios persoais que por atender as verdadeiras necesidades da cidade”.

Para os populares, o custo de manter a Tomé na alcaldía vai moito máis alá do seu soldo, “Supón soster un gabinete cunha estrutura sobredimensionada e un constante goteo de gastos en desprazamentos e viaxes que pouco ou nada achegan aos intereses xerais de Monforte, como a realizada recentemente a Fitur, que exemplifican unha forma de gobernar baseada no gasto e na proxección persoal”.

Denuncian que mentres, Monforte segue con problemas reais sen resposta, “a falta de oportunidades, o estancamento económico, as necesidades dos barrios e parroquias, e a mellora dos servizos públicos. A cidade non pode avanzar cun alcalde máis centrado en conservar poder e status que en traballar polo futuro do municipio”.

Neste escenario o PP defínese defensor dos intereses dos monfortinos e monfortinas. “Seguiremos traballando para mellorar a calidade de vida dos veciños, desde a unidade, a fortaleza e a coherencia, ofrecendo unha alternativa política responsable, centrada en Monforte e afastada de escándalos, excesos e mala xestión”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...