HomePolíticaOs socialistas de Folgoso do Courel reclaman da Xunta reforzar a atención...

Os socialistas de Folgoso do Courel reclaman da Xunta reforzar a atención sanitaria no municipio

O centro de saúde de Seoane contaba cun médico con praza asignada, pero tras a súa marcha por circunstancias persoais, o Sergas non cubriu a praza. "Como consecuencia, a atención médica está a prestarse só tres días á semana, con xornadas de catro horas, o que supón 12 horas semanais de consulta fronte ás 35 que debería ter garantidas á veciñanza.", aseguran desde o PSdeG.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira socialista, María Dalba López, responsabiliza desta situación ao Goberno galego e reclamou “unha solución estable”. “Se é necesario establecer incentivos para facer atractiva a praza e garantir a chegada de profesionais sanitarios ao Courel, a Xunta debe facelo. O que non pode ser é que o rural quede sempre á cola e que a veciñanza pague as consecuencias da falta de planificación do Goberno galego”, censurou.

A socialista acusou ao PP de “normalizar os recortes no rural como se vivir nun concello de montaña implicase ter menos dereitos”. O Goberno de Rueda está convertendo a falta de médicos nun problema crónico porque non planifica, non inviste e non dá respostas”.

López denunciou ademais que mesmo nas semanas nas que hai persoal dispoñible para cubrir catro días de consulta “a Xunta decide manter só tres”, e que cando hai un festivo polo medio a atención redúcese aínda máis, quedando en só dous días”.

A voceira do PSdeG subliñou que esta situación responde a un problema estrutural da sanidade pública galega, marcado pola falta de investimento, a ausencia de planificación e a desigualdade territorial. “Hai un déficit estrutural de médicos e pediatras, non se garante a remuda xeracional e as substitucións chegan tarde ou directamente non chegan”, sinalou.

ÚLTIMAS

Graduación do alumnado de Formación Profesional no IES Francisco Daviña Rey

Durante o acto de graduación celebrado no IES Francisco Daviña Rey tivo lugar a...

Pantón ten prazo de inscrición aberto para os Campamentos de Verán e presenta a programación cultural da época estival

O Concello de Pantón presenta as actividades que a Concellaría de Cultura programa para...

O delegado do Goberno en Galicia destaca en Sarria o funcionamento da campaña “Non Camiñas Soa”

A campaña lévase a cabo desde o ano 2021 para reforzar a protección das...

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...