HomesociedadeCSIF solicita ao Concello de Monforte a implantación da xornada de 35...

CSIF solicita ao Concello de Monforte a implantación da xornada de 35 horas semanais

A petición fundaméntase na recente resolución da Secretaría de Estado de Función Pública, publicada no BOE o pasado 15 de abril, que establece con carácter xeral a xornada de 35 horas semanais na Administración Xeral do Estado, substituíndo o anterior modelo de 37,5 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) solicitou ao Concello de Monforte a apertura inmediata dun proceso de negociación colectiva para implantar a xornada laboral de 35 horas semanais. Lembra que a normativa vixente obriga ás entidades locais a equiparar a xornada laboral do seu persoal coa fixada para a Administración do Estado. “Neste sentido, tanto a Lei Reguladora das Bases do Réxime Local como a Lei de Emprego Público de Galicia establecen que a xornada dos funcionarios locais debe ser, en cómputo anual, a mesma que a dos funcionarios estatais”, explica.

O sindicato sostén que esta equiparación ten carácter obrigatorio e dinámico, polo que a implantación da xornada de 35 horas na AGE debe trasladarse tamén ao ámbito local, sen prexuízo da súa concreción a través da negociación colectiva.

Así mesmo, CSIF subliña que manter condicións laborais distintas entre empregados públicos de diferentes administracións vulneraría o principio de igualdade e podería xerar disfuncións organizativas. Con todo, a organización sindical solicita o inicio inmediato da negociación na Mesa Xeral e a implantación efectiva da xornada de 35 horas, ademais da adaptación do calendario laboral e do réxime horario a este novo marco.

Advirte o sindicato de que, en caso de inacción por parte do Concello, resérvase o dereito para emprender as accións legais oportunas, incluída a vía contencioso-administrativa.

ÚLTIMAS

Un cento de persoas reflexionan en Monforte sobre o avance dos discursos de odio e as súas consecuencias na sociedade

A actividade contou coa participación de Adrián Gómez Martínez, mestre de Educación Primaria e...

Chantada pon en valor as súas máis de 35 hectáreas de zonas verdes nunha nova edición de Vilas en Flor

O xurado do certame vén de visitar Chantada para coñecer os avances levados a...

Monforte recolleu 7.550 toneladas de lixo no 2025

A fracción do residuo clasificado como ‘resto’ é a de maior peso, con 6.680...

O PP de Monforte considera “un anuncio propagandístico” que Tomé comece agora a tramitación do PXOM

O PP de Monforte asegura que considera necesario o Plan Xeral de Ordenación Municipal...