HomePolíticaUnanimidade para elexir a Iago Suárez como candidato do BNG en Chantada

Unanimidade para elexir a Iago Suárez como candidato do BNG en Chantada

O novo cabeza de lista do BNG á alcaldía de Chantada, Iago Suárez, foi escollido de maneira unánime polas afiliadas e afiliados na Asemblea Local da organización que tivo lugar este xoves. Suárez asegura afrontar o desafío “con ilusión e con ganas de devolver o BNG ao lugar que lle corresponde na corporación municipal”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Iago Suárez Fernández (1997), veciño da vila de Chantada, foi elixido como o cabeza de lista do Bloque Nacionalista Galego de cara ás eleccións municipais de 2027. Suárez, actual Responsábel Local do BNG de Chantada e deputado no Parlamento galego, mostrou a súa honra por ser elixido e asegurou seguir con ilusión e ganas de traballar por Chantada, “agora tamén desde a Corporación municipal. Faremos o posible por devolver o BNG ao lugar que lle corresponde na corporación municipal para defender Chantada e Galiza”.

O candidato do BNG á alcaldía de Chantada vén desempeñando o seu papel como deputado desde febreiro de 2024. Alí, asegura Suárez “levo estes anos traballando para conseguir melloras para a vida da veciñanza de Chantada, coa defensa de construción de novas infraestruturas para o noso municipio, a defensa de investimentos para as parroquias ou a defensa do territorio contra a instalación da macroplanta de baterías de litio en Pesqueiras”.  

“Un BNG forte no concello de Chantada é garantía de traballo e entrega. Se a veciñanza nos dá a súa confianza faremos todo o que estea da nosa man para conseguir en Chantada un goberno de progreso que consiga facer Chantada avanzar despois de anos de estancamento”, sinala Suárez. O canitdato directivo da Sociedade Deportiva Chantada desde hai seis anos, desempeñando actualmente o cargo de tesoureiro. Tamén é membro do grupo de música TIAM Gz.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...