HomePolíticaO BNG de Monforte reclama melloras no sistema de rega do campo...

O BNG de Monforte reclama melloras no sistema de rega do campo Luís Bodegas ante as altas temperaturas

O BNG de Monforte anuncia que recibiu varias queixas por parte de usuarios e familiares das categorías inferiores que adestran e compiten neste campo de fútbol. Portestaban polo estado do terreo de xogo e pola falta de rega nun contexto de altas temperaturas

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo indican as persoas afectadas, levan meses insistindo na necesidade de regar o campo para garantir unhas condicións mínimas tanto para a práctica deportiva como para o mantemento da propia instalación. Aseguran que a resposta recibida ata o momento é que o sistema de rega continúa avariado e que non existe unha solución á vista.

Dende o BNG lembran consideran preocupante que unha infraestrutura recentemente acondicionada presente problemas deste tipo sen que se estea dando unha resposta eficaz. “Resulta difícil entender que unha instalación na que se investiu hai relativamente pouco tempo teña un problema tan básico sen resolver durante meses. Estamos falando dun campo utilizado por categorías inferiores, por nenos e nenas que adestran varias veces á semana e que merecen facelo en condicións dignas”, asegura Emilio J. Sánchez, voceiro do BNG de Monforte.

“Coas temperaturas que estamos tendo, manter un campo sen rega non só afecta ao estado da superficie, tamén repercute no confort e nas condicións nas que a rapazada practica deporte. O mínimo esixible é que o Concello dea explicacións claras sobre o estado da avaría e actúe con rapidez para solucionala”, afirman desde o BNG.

A formación nacionalista considera que o mantemento das instalacións deportivas non é un luxo nin unha cuestión secundaria, senón unha responsabilidade básica da administración local para garantir a seguridade, o benestar e unhas condicións adecuadas para a práctica deportiva. Reclaman ao Concello que informe publicamente sobre o estado da avaría, os prazos previstos para a súa reparación e as medidas provisionais que se van adoptar mentres non se restableza o funcionamento normal do sistema.

Emilio J. Sánchez concluíu, “Presumir de instalacións deportivas non chega. Hai que coidalas, mantelas e responder cando aparecen os problemas. As familias e a rapazada merecen solucións e compromiso coa práctica deportiva, non meses de espera diante dunha situación que debería estar resolta”.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...