HomePolíticaO PP de Monforte insiste nas denuncias contra Tomé tras arquivarse o...

O PP de Monforte insiste nas denuncias contra Tomé tras arquivarse o caso do ex conselleiro Villares por agresión sexual

Os concelleiros do PP de Monforte abandonaron este luns o pleno municipal "fartos de tantas mentiras, ataques e falsidades do alcalde José Tomé", a quen volveron esixir que se defenda da causa aberta contra el por abuso sexual "na súa esfera privada".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este martes, en nota de prensa, a voceira do PP, Katy Varela, explica que tomaron esta decisión por estaren “cansos” de ver as “constantes mentiras de Tomé e do seu equipo de acólitos”, os mesmos, engadiu, “que o seguen mantendo na Alcaldía malia que a situación do alcalde o convida a marchar, en vez de aferrarse ao cargo”. Unhas críticas que volven con forza en Monforte logo de que se arquivara a denuncia por agresión sexual contra o ex conselleiro do PP, Alfonso Villares, agora delegado da Xunta en Lugo.

Nesta liña, reprochoulle ao rexedor, “que lle reste importancia á súa situación xudicial. Hai que lembrar que a causa xudicial segue aberta, que hai cinco mulleres máis citadas a declarar e que non é unha situación á que haxa que restarlle importancia; o que ten que facer é deixar o cargo e defenderse na súa esfera privada en lugar de seguir xudicializando a vida diaria do Concello”, afirma.

Do mesmo xeito, Katy Varela esíxelle a Tomé “unha rectificación” tras dicir que ambos están “na mesma situación”. “É totalmente falso”, remarcou, antes de subliñar que ela non está acusada “de presunto acoso sexual”. “Nótase que Tomé está moi nervioso, non para de dicir que todo está xa arquivado, pero a única realidade polo momento é que a investigación segue e van declarar cinco mulleres máis”, conclúe.

ÚLTIMAS

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...