HomePolíticaO BNG de Monforte non renuncia ao proxecto de convertir o edificio...

O BNG de Monforte non renuncia ao proxecto de convertir o edificio Raíces en vivenda pública

O BNG de Monforte lamenta "profundamente" a negativa do equipo de goberno a apoiar a proposta presentada a pleno para adquirir o antigo edificio Raíces e destinalo á creación de vivenda pública, "desaproveitando unha oportunidade dificilmente repetible para ampliar o parque público de vivenda na cidade".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde o BNG consideran que o inmoble reúne unhas condicións excepcionais, tanto polo seu estado estrutural como pola súa localización e polo prezo ao que os propietarios están dispostos a vendelo, “Trátase dunha oportunidade única para poñer en marcha un proxecto que permitiría crear arredor de vinte vivendas públicas cun investimento moi inferior ao que suporía unha construción nova”.

A pesar do voto en contra do equipo de goberno, o BNG non renuncia a este proxecto. Pola contra, aseguran que intensificarán o traballo para buscar outras vías e outras administracións que poidan facer posible a adquisición do edificio e a súa rehabilitación para destinalo a vivenda pública. “Cremos que o acceso á vivenda é un dos principais retos que ten hoxe Monforte. A dificultade da mocidade para emanciparse e a escaseza de oferta accesible esixen que as administracións actúen con ambición e aproveiten oportunidades como esta cando aparecen”, insisten.

O BNG asegura defender un modelo no que a vivenda pública sexa unha ferramenta útil para garantir o dereito a unha vivenda digna e ofrecer alternativas reais ás persoas que hoxe teñen serias dificultades para acceder a un fogar. “Non imos abandonar unha iniciativa que consideramos estratéxica para o futuro de Monforte e seguiremos traballando para que o edificio Raíces poida cumprir unha función social ao servizo da veciñanza”, conclúen.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...