HomePolíticaO PP defenderá no vindeiro pleno da Deputación que se rescinda o...

O PP defenderá no vindeiro pleno da Deputación que se rescinda o convenio para financiar a Ponte do Malecón

O voceiro do Grupo Provincial Popular na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, e a voceira do Grupo Municipal Popular en Monforte, Katy Varela, anunciaron esta semana desde o Malecón que pedirán no vindeiro pleno da Deputación a rescisión do convenio de 1.800.000€, "que todo apunta a que se destinará para costear parte da construción da polémica ponte do Malecón".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende o Grupo Provincial Popular esíxese a anulación inmediata deste acordo “debido ao enorme clamor e rexeitamento social que xera o proxecto na cidade, así como pola situación do alcalde monfortino, José Tomé, actualmente investigado por un presunto delito de acoso sexual e que precisa dos fondos para pagar a súa campaña política para as eleccións municipais”.

Antonio Ameijide afirmou que dende o Grupo Popular levarán esta moción a pleno “para garantir que os recursos públicos de tódolos lucenses non vaian a parar, en concreto, para o proxecto da nova ponte do Malecón que ten unha forte contestación social en Monforte”. Neste senso, Ameijide destacou que existe un clamor social en Monforte contra esta obra e, “por suposto, o que non se pode facer, de ningunha maneira, é pagar cos cartos de todos os lucenses a campaña política de José Tomé”.

O voceiro popular tamén se referiu á posición do BNG, “Mentres o BNG en Monforte di poñerse en contra da obra, dende a Deputación de Lugo aproban o convenio e envían o diñeiro para este fin.”

Pola súa banda, Katy Varela anunciaba que que presentarán tamén moción ao pleno de Monforte, “xa que Tomé non está lexitimado para comprometer 2,8M€ do orzamento municipal para os vindeiros anos a tan só 10 meses para as eleccións”. A voceira popular lembra que “o BNG se escuda nunha mera autorización técnica da Dirección Xeral de Patrimonio que nada ten que ver coa vontade política de executar a obra”.

“Mentres o PSOE e o BNG pactan nos despachos para impoñer unha obra que os monfortinos non queren, o PP de Monforte mantense firme ao lado da reclamación popular”, destaca Varela.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...