HomePolíticaIniciativas de Esperta Monforte ao pleno deste 27 de xullo

Iniciativas de Esperta Monforte ao pleno deste 27 de xullo

No capítulo de preguntas céntranse no económico e interésanse polo custe de homologar as pistase de atletismo na Pinguela e polo custe da "fonte de 491m2 do Parque do Condes".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esperta Monforte presenta ao pleno deste luns varias mocións. Nunha das iniciativas volven a expresar o seu firme rexeitamento ao proxecto de construción dunha nova ponte sobre o río Cabe. Argumentan que o proceso ignorou alternativas menos daniñas para a contorna do Paseo do Malecón

Demandan que o pleno manifeste o seu rexeitamento á decisión do Goberno Municipal de Monforte de manter a tramitación desta ponte. O mesmo coa decisión da Deputación Provincial de aprobar o convenio de financiamento no que pode estar incluida a nova ponte e coa decisión da Dirección Xeral de Patrimonio pola que se autoriza o proxecto e reclaman que se anule o acordo de autorización.

A formación política solicita tamén ás autoridades educativas unha revisión urxente da planificación escolar de 2º de educación primaira para o curso 2026/2027, co fin de evitar a saturación nas aulas. Esperta Monforte reclama manter a calidade do sistema educativo e as condicións laborais docentes.

No capítulo de pregos, Esperta pide que se volva denunciar no Seprona o verquido ilegal do camiño na zona da Vide e revisar a presión de auga en todo Monforte e parroquias, “porque as queixas son habituais”.

ÚLTIMAS

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...