HomePolíticaJosé Tomé anuncia que volverá optar á Alcaldía de Monforte en 2027,...

José Tomé anuncia que volverá optar á Alcaldía de Monforte en 2027, aínda que non sabe con que siglas

O exsocialista, investigado nun procedemento por un presunto caso de acoso sexual, asegura que mantén o apoio maioritario da veciñanza e defende a xestión realizada á fronte do Concello.

Publicado o

- Advertisement -

O alcalde de Monforte de Lemos, o exsocialista José Tomé, anunciou este martes a súa intención de presentarse ás próximas eleccións municipais de 2027, aínda que asegurou que polo momento non sabe con que siglas concorrerá. Tomé está a ser investigado por un presunto caso de acoso sexual nun procedemento xudicial que motivou a súa saída da Presidencia da Deputación de Lugo o pasado mes de decembro.

O rexedor, que se apartou do partido mentres continúa o proceso xudicial, asegurou que a súa decisión responde ao respaldo que, segundo sostén, continúa recibindo da cidadanía. Tomé anunciou a súa intención durante o pleno da Deputación, mentres se debatía o proxecto do malecón da cidade, que foi rexeitado polo PP e o BNG na mesma sesión. “Vou presentarme ás próximas eleccións municipais, non sei con que siglas”, declarou o rexedor, que defendeu a xestión realizada durante os seus mandatos á fronte do Concello.

“OS MONFORTINOS SABEN BEN O QUE VAN VOTAR”

Tomé asegurou que Monforte conta con “un goberno serio, un goberno rigoroso e un goberno que cumpre”, e engadiu que “iso sábeno ben os monfortinos”. Nese sentido, afirmou que os veciños “o 23 de maio saben ben o que van votar porque queren seguir progresando”. O alcalde reivindicou tamén a lexitimidade do seu goberno municipal e lembrou os resultados obtidos polo PSOE nas últimas eleccións locais.

“O 55 ou o 56% dos votos é socialista”, sinalou, para soster que “a inmensa maioría dos 20.000 veciños de Monforte apoia o proxecto co que nos presentamos porque estamos executando o que prometemos”. Convencido de que mantén o apoio maioritario da cidadanía, Tomé asegurou que “a Alcaldía vai seguir sendo a mesma porque así o queren os veciños de Monforte”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...