HomePolíticaDous plenos ordinarios sen convocar no Concello do Saviñao

Dous plenos ordinarios sen convocar no Concello do Saviñao

O PSOE do Saviñao denuncia que o PP non cumpre coa Lei de Administración Local de Galicia, que establece a obriga de celebrar sesións ordinarias do Pleno Municipal como mínimo cada 2 meses.

Publicado o

- Advertisement -

Segundo o PSOE, o equipo de goberno do Partido Popular está impedindo a participación política no Concello, ao levar 3 meses sen celebrar un Pleno da corporación.

Celestino Rodríguez criticou que “o PP, co beneplácito de Carlos Armesto, está obstaculizando a labor da oposición e discriminando aos veciños que nos votaron para defender e dar voz ás súas demandas.” Os socialistas esixen a convocatoria inmediata de pleno.

Tamén denuncian os sociallistas, que no concello se fan arranxos en fincas privadas “para conseguir votos dun xeito clientelar e caciquil” e que o superávit de máis de 400.000 euros do concello é produto da subida do IBI, taxas e todo tipo de impostos aos veciños e a ausencia de investimentos por parte do equipo de goberno. “Esta é a política que defende o PP, facer actuacións para os seus amigos co esforzo de todos os cidadáns” censura Rodríguez.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...