HomePolíticaIGV defende un operativo contra incendios "centralizado e profesionalizado, sen precariedade laboral"

IGV defende un operativo contra incendios “centralizado e profesionalizado, sen precariedade laboral”

A formación política refírese á imposibilidade de contratar xefes de brigada polas condicións laborais: un traballo temporal de tres meses, con alta responsabilidade e riscos asociados., Dende IGV defenden un operativo centralizado e profesionalizado.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

IGV asegura que a convocatoria para cubrir 4 prazas para a actuación dunha brigada de prevención e extinción contra incendios forestais do Concello de Sober publicouse o 16 de xuño, pero non foi posible “atopar ningún candidato que cumpra os requisitos para ser contratado como xefe de brigada nin a través da oficina pública de emprego, nin dos anuncios publicados por o concello”. Por este motivo, o 7 de xullo renunciouse á posto en marcha da brigada municipal. Análogas circunstancias sucederon no resto de municipios.

Os postos de xefes de brigada serían “contratos laborais temporais eventuais por circunstancias da producción, por 3 meses, ao 100% de xornada”, cun salario por volta de 1450 € brutos mensuais, aínda que defire en cada concello. Este xefe ou xefa de brigada “exercerá como responsable da coordinación do funcionamento da brigada nas relacións operativas e de comunicación co persoal do distrito forestal ao que pertenza a entidade local”.

A convocatoria de postos de traballo realizouse no marco dos distintos “convenios de colaboración subscritos entre a Consellería do Medio Rural e os concellos para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026”, nos cales se estabelece unha contía máxima de axuda ás entidades locais. Por exemplo, IGV asegura que o Concello de Pantón recibe 21.000 € máximo para labores de vixiancia e 54.000 € para prevención, “Os Concellos encárgase, así pois, da xestión do persoal, do vehículo e dos traballos, aumentando a burocracia de concellos pequenos só coa finalidade da Xunta da Galiza evitar contratar máis persoal de prevención e extinción de incendios”.

Dende IGV lembran que se leva décadas sufragando sen resultados destacables brigadas municipais que supoñen un gasto medio anual de arredor de 38 millóns de euros, mais non logran corrixir as graves deficiencias estruturais na xestión do risco. Cada ano, a través de convenios coas entidades locais, destínanse en torno a 27 millóns de euros para a contratación de brigadas municipais de prevención e extinción.

Os concellos, pola súa banda, asumen máis de 6,5 millóns adicionais en maquinaria, reparacións, EPIs, cursos e tribunais de selección. “Un cofinanciamento que se suma a moitos outros que o PP fai recaer sobre a administración local. A isto engádense subvencións específicas para prevención (uns 3,9 millóns de euros) e proxectos piloto puntuais, que elevan o impacto económico anual a uns 38,4 millóns de euros”, afirman.

Insisten que o problema de fondo segue sen abordarse, “Numerosos concellos carecen de convenio con SEAGA, polo que non dispoñen dun instrumento operativo para a xestión das faixas de protección. Amais, existen plans municipais de prevención que son simples corta e pega ou, directamente, non están aprobados nin aplicados. Con todo non se incoan expedientes nin sancións cando os propietarios incumpren a obriga legal de limpar as súas parcelas, trasladando á cidadanía un risco que a administración non controla nin fai cumprir.”

IGV demanda unha auditoría seria da eficacia das medidas existentes contra o lume e resolver os problemas estruturais:a descoordinación entre Xunta, concellos e propietarios, a falta de control e seguimento efectivo das obrigas legais, e unha estratexia centrada no gasto, non nos resultados.

“Lembramos que os concellos da chamada Ribeira Sacra teñen que deixarse de meter millonadas en propaganda, festivais e feiras do viño e protexer a xente, a paisaxe e a economía tradicional, que é o que permite ter viño e turismo. A disxuntiva é ou patrimonio real da xente, ou decorado”, afirma Paula Verao. Para IGV o modelo debería ser brigadas 100% da Xunta, nin Seaga nin concellos nin empresas privadas.

ÚLTIMAS

A conselleira de Medio Rural visita a vendima heroica da Ribeira Sacra e felicita os recoñecementos internacionais

A titular de Medio Rural sinalou que a calidade e a vinculación co territorio...

O PP de Monforte presenta unha moción na que insta ao Ministerio de Transportes e a Adif a recuperar as frecuencias ferroviarias perdidas

O PP de Monforte defenderá no vindeiro pleno unha moción na que insta ao...

A III Xornada da Memoria honra a “O Pequeniño do Incio”

Coincidindo co 90 aniversario da captura e fusilamento de Manuel Díaz González, coñecido como...

Ruta pola Quiroga literaria de Ánxel Fole e Uxío Novoneyra

A Fundación Uxío Novoneyra convida a participar o sábado 19 de setembro nun percorrido...