HomePolítica"Monforte merece que se estuden todas alternativas antes de seguir adiante coa...

“Monforte merece que se estuden todas alternativas antes de seguir adiante coa ponte”, insisten desde Esperta

Esperta Monforte lamenta que a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil dea luz verde ao proxecto da nova ponte sobre o río Cabe e considera que este novo paso administrativo achega a Monforte ""a unha transformación irreversible do Malecón e da contorna de Ramberde".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Para Esperta Monforte chégase a esta autorización da CHMS despois de diferentes decisións relacionadas cos aspectos patrimoniais do proxecto (dependentes da Xunta de Galicia gobernada polo Partido Popular) e ambientais, ata as fórmulas empregadas para facilitar o seu financiamento. A formación considera moi grave que se vaia alterar un dos espazos verdes máis emblemáticos da cidade, introducindo tráfico rodado nunha contorna actualmente vinculada ao paseo, ao lecer e ao río Cabe.

Esperta Monforte tamén lamenta a situación creada na Deputación de Lugo que tiña aprobado convenio con Monforte por case 1,8 millóns de euros para melloras nas comunicacións urbanas e rurais. “A contía do convenio coincide, ademais, co importe previsto para as obras do proxecto da ponte, cifrado en 5.126.356,71€. O propio BNG afirma publicamente que se opón á construción da nova ponte en todas as institucións nas que está presente, tamén na Deputación de Lugo, e chegou a reclamar a cancelación do convenio”. A formación considera que PSOE e BNG deben aclarar aos monfortinos cal é realmente a súa posición.

Insiste tamén en que ademais da nova estrutura sobre o río, as conexións viarias previstas afectarán tamén á contorna do Malecón e Ramberde, “modificando a configuración actual dun espazo de elevado valor ambiental e paisaxístico”. E conclúe a formación política que levarán a cabo todas as medidas políticas, administrativas e xurídicas ao seu alcance “para loitar contra a construción da ponte e defender o Malecón, Ramberde e a contorna do río Cabe.”

ÚLTIMAS

Salvemos o Malecón presenta centos de alegacións ao proxecto da ponte e prepara contencioso contra a resolución de Patrimonio

A pesar do escaso tempo, durante tres días os membros da plataforma organizaron a...

Seguen as protestas veciñais do 11 de cada mes reclamando médicos na Pobra do Brollón

Baixo o lema «A saúde non pode esperar! A Pobra do Brollón necesita médicos!», os...

600.000€ da Vicepresidencia da Deputación en 554 axudas para asociacións culturais

A resolución concede 554 axudas, 318 para a organización de actividades de interese cultural...

Cortan un tramo da N-120 próximo ás vilas de Quiroga e San Clodio

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostenible comezou o pasado luns 5 de outubro...