HomePolíticaQue pasou cos apagóns de xuño en Chantada?

Que pasou cos apagóns de xuño en Chantada?

Por Chantada – Interior Galego Vivo denuncia que nin o Concello de Chantada nin a Xunta da Galicia deron resposta ás solicitudes rexistradas pola formación despois dos cortes de subministración eléctrica sufridos en Chantada os días 11, 12, 14 e 15 de xuño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ao concello de Chantada, a formación pediulle que se reclamase á empresa distribuidora un informe detallado sobre as causas das avarías, a duración das interrupcións, o número de persoas afectadas, as zonas afectadas e as medidas previstas para evitar que se repitan episodios semellantes. Tamén solicitou que o Concello informase publicamente á veciñanza sobre os seus dereitos e os mecanismos para reclamar polos danos sufridos e que habilitase asesoramento municipal para as persoas afectadas.

Por Chantada pediu ademais que o Concello elaborase un informe sobre os eventuais danos ocasionados nas instalacións e servizos municipais e que, de existir prexuízos indemnizábeis, exercese as accións correspondentes para reclamar a súa reparación.

Á Xunta solicitóuselle que abrise un expediente informativo ou actuación inspectora para esclarecer as causas dos cortes e que requirise á distribuidora un informe técnico sobre as avarías, as reparacións efectuadas e os investimentos e actuacións de mantemento previstos.

Os cortes de xuño afectaron, segundo os datos recollidos no escrito presentado ante a Xunta, a arredor de 3.600 persoas abonadas, con interrupcións de varias horas e máis de nove horas acumuladas de corte en menos dunha semana para os mesmos sectores da poboación. A situación afectou vivendas, actividades económicas, servizos públicos, telecomunicacións e instalacións esenciais.

Con todo Por Chantada reclama que as administracións deixen de gardar silencio e dean conta das actuacións realizadas desde os cortes de xuño, “A veciñanza de Chantada ten dereito a saber por que quedou sen luz, se a rede que paga cos seus recibos está suficientemente mantida, que investimentos se fixeron nos últimos anos e que se vai facer para que isto non volva acontecer. E as administracións teñen a obriga de responder”.

ÚLTIMAS

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...