HomePolíticaO BNG de Monforte reclama información do proxecto de Kern Pharma e...

O BNG de Monforte reclama información do proxecto de Kern Pharma e teme que non se materialice

O BNG de Monforte amosa a súa preocupación pola falta de avances coñecidos no proxecto de Kern Pharma para construír unha planta farmacéutica no polígono industrial do Reboredo e lamenta que, co paso do tempo, aumenten as dúbidas sobre a súa materialización na cidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O proxecto presentárase no 2022 como unha importante aposta industrial para Monforte, cun importante investimento e a previsión de crear arredor dun cento de postos de traballo. O BNG lembra que a empresa solicitou a comezos deste ano unha nova prórroga para iniciar as obras, polo que considera necesario explicar publicamente en que situación se atopa actualmente a iniciativa.

O concelleiro do BNG, Emilio J. Sánchez, lamenta que “todo apunta a que podemos estar diante doutra promesa incumprida para Monforte. Durante anos vendeuse este proxecto como unha das grandes oportunidades industriais para a cidade e, a día de hoxe, seguimos sen ver a fábrica nin os postos de traballo anunciados”.

Sánchez considera que “sería unha pésima noticia que finalmente Kern Pharma non desenvolvese este proxecto en Monforte, porque a nosa cidade e toda a comarca necesitan emprego estable, industria e oportunidades que permitan fixar poboación”.

Desde o BNG sinalan que non se trata de buscar culpables antes de coñecer todos os datos, senón de esixir explicacións e certezas despois de anos de anuncios e sucesivos atrasos. O BNG reclamará información sobre a situación administrativa do proxecto e sobre os contactos mantidos coa empresa para coñecer se Kern Pharma mantén o seu compromiso de instalar a planta no Reboredo.

“Agardamos que o proxecto aínda poida saír adiante, porque sería positivo para Monforte. Pero despois de máis de catro anos é lóxico que exista preocupación. O que non queremos é que unha iniciativa anunciada a bombo e prato remate converténdose noutra promesa incumprida”, conclúe Sánchez.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...