HomePolítica"É lamentable que o BNG non lea as actas da Xunta de...

“É lamentable que o BNG non lea as actas da Xunta de Goberno”, asegura o equipo de goberno de Monforte no caso Kern Pharma

Diante das declaracións realizadas polo BNG en relación coa prórroga da empresa Kern Pharma, o equipo de goberno do concello de Monforte considera "lamentable é que o voceiro do BNG non lea as Actas da Xunta de Goberno, porque aí está toda a información, dado que a Xunta de Goberno concedeu unha prórroga para o inicio das obras ata xaneiro de 2027".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O equipo de goberno do Concello de Monforte considera que o BNG quere crear polémica, “como lle saliu mal o tema da Fonte, que lles encanta ós veciños, e como xa non saben que mentiras inventar sobre a Ponte, queren crear unha nova polémica na que o Concello non vai entrar”.

Desde o goberno municipal aseguran que seguirán traballando por Monforte, “a pesar das trabas que tratan de poñer os do non, que cando gobernaron durante 12 anos, foi a peor etapa de goberno de Monforte na etapa democrática”. E pídenlle ao voceiro nacionalista que se informe antes de opinar, “facendo declaracións de indocumentado, inventando datos falsos”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...