HomePolíticaCaurel Vivo denuncia "19 anos de mentiras" sobre a residencia do Courel

Caurel Vivo denuncia “19 anos de mentiras” sobre a residencia do Courel

A residencia para Folgoso do Courel leva 19 anos proxectada, desde Caurel Vivo aseguran que "a alcaldesa leva 17 anos no goberno prometéndoa desde que entrou, e conseguindo dividir ás administracións e á veciñanza. En todo este tempo a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo abriron residencias en case todos os concellos da contorna".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A formación política considera que tanto a Deputación Provincial como o Concello minten con respecto ao proxecto da residencia para Folgoso do Courel. A institución provincial “porque se se comprometeu, tivo tempo e financiamento para levar a cabo o proxecto, mentres desde a alcaldía non contan toda a verdade sobre a residencia nin solicitaron nunca de maneira formal a súa construción á Xunta de Galicia, que é quen ten as competencias sociais para facela, e así o fan noutros concellos”.

Segundo Caurel Vivo durante 19 anos a residencia foi “pasando de man en man”, Concello, Xunta, Deputación… “Houbo proxecto, cartos e prórrogas, pero por diferenzas políticas, non se fixo nada”. Denuncian que a realidade a día de hoxe é que non hai ningún convenio asinado e ningún expediente aberto para a construción da residencia. E esixen á Xunta que tome medidas por ser quen ten competencias ao respecto, “A Xunta non semella ter ningún interés na súa construción, incluso en outubro de 2018 emitiu un informe desfavorable ao respecto”.

Lembran desde Courel Vivo que desde o 2015 reclaman este proxecto para o concello e piden actuacións concretas e non promesas, “Levamos varias mocións e preguntamos en cada pleno polos avances. Nas respostas sempre nos dan largas mentres seguen pasando os anos, Canto máis tempo nos ides seguir enganando?”

ÚLTIMAS

A xeoloxía do Xeoparque Montañas do Courel protagonista no encontro ‘Camiños de Ciencia’

Quiroga acollerá este venres 23 de outubro a terceira parada de Camiños de Ciencia,...

Quiroga celebra o 23 de outubro con “Estrelas galegas da ciencia”

“Estrelas galegas da ciencia” é unha actividade e espectáculo de animación á lectura vinculado...

Monforte celebra o 31 de outubro o Mercado de Outono

O evento terá lugar o vindeiro sábado, 31 de outubro, na Praza de Abastos...

Celebración do ‘Día das Bibliotecas’ cunha intensa xornada de actividades culturais no Saviñao

Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, a Biblioteca Pública Municipal do Saviñao...