HomePolíticaQueixas veciñais pola falta de información ao respecto das expropiacións para a...

Queixas veciñais pola falta de información ao respecto das expropiacións para a senda peonil de Monforte

O PP de Monforte faise eco deste malestar das persoas afectadas, levando varias preguntas ao próximo pleno. Mentres desde Esperta Monforte lembran de que xa advertiran das afeccións do proxecto, o peso das obras de infraestrutura e as dúbidas ambientais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As dúas formacións políticas manifestan a súa preocupación polo proxecto da nova senda peonil prevista á beira dos regatos de Monforte, unha actuación que se executará ao abeiro dun convenio coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS).

O PP de Monforte considera fundamental corrixir agora os posibles erros “para evitar que no futuro se reproduzan situacións como as vividas noutras actuacións urbanísticas en Monforte, como a Zona C ou o Parque do Hospital, “que derivaron en procesos xudiciais con importantes consecuencias económicas para as arcas municipais”

Tras revisar a documentación, os concelleiros populares contabilizaron ata 68 propiedades afectadas, nas que figuran construcións de distinta natureza, entre elas cando menos tres inmobles de uso residencial. En reunión coa veciñanza aseguran que lles trasladaron a preocupación polo derrubamento das súas vivendas. Anímana a consultar o proxecto, “especialmente o Tomo V, no que se detallan as parcelas incluídas na actuación e presentar alegacións se o consideran”.

Con todo os populares rexistraron unha batería de preguntas dirixidas ao alcalde de Monforte para aclarar as condicións dos convenios asinados coa CHMS para a execución destas obras, “as informacións que apuntan a que, unha vez rematadas as actuacións, o Concello podería verse obrigado a aboar anualmente unha taxa á CHMS polo mantemento ou utilización destas infraestruturas”.

Pídenlle a Tomé transparencia sobre as obrigas que terá o Concello e reclámanlle diálogo cos veciños afectados, “que lles facilite toda a información e actúe con responsabilidade para evitar conflitos xudiciais e novos custos que acaben recaendo sobre todos os monfortinos.”

Pola súa banda Esperta Monforte lembra que votou en contra do proxecto, “non por estar en contra de sendas peonís ou recuperación de regatos, senón polas incógnitas que presentaba”. Aseguran que xa advertiran das expropiacións previstas, na rúa Doutor Fleming, así como do elevado custo nalgunhas infraestruturas.

Esperta Monforte reclama que se estuden alternativas para reducir as afeccións aos propietarios antes de continuar coa tramitación das expropiacións

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...