HomePolíticaO PP de Monforte levará a pleno o presunto incumprimento da Lei...

O PP de Monforte levará a pleno o presunto incumprimento da Lei de Benestar Animal por parte do concello

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Monforte preguntarán no vindeiro pleno polo litixio xudicial actualmente aberto contra o Concello por un presunto incumprimento da Lei de Benestar Animal, especialmente no referido á obriga de control e xestión das colonias felinas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os populares aseguran que os propios demandantes lles trasladaron que tras presentar diversos requirimentos ao Concello para que cumprise coas obrigas que establece a normativa en materia de benestar animal, e non obter unha resposta efectiva por parte da administración local, decidiron acudir aos tribunais, nun procedemento que actualmente segue en curso.

Katy Varela considera preocupante que o Concello de Monforte se vexa novamente inmerso nun litixio xudicial, “É unha mala práctica de Tomé permitir que situacións que poderían resolverse coa xestión e o diálogo acaben converténdose en procesos xudiciais, o que supón un prexuízo para todas as partes, provoca un desgaste innecesario dos servizos municipais e contribúe tamén á saturación da xustiza”, afirmou.

Precisamente para coñecer de primeira man esta situación, os concelleiros populares visitaron unha colonia felina, a situada na rúa do Reboredo, denunciada, segundo indican, desde o ano 2025 sen que, ata o momento, o Concello de Monforte adoptase medidas efectivas para regularizar a súa situación.

Katy Varela considera contraditorio que o goberno de Tomé destinase uns 150.000€ á construción dun canil e, pola contra, non estea a cumprir coas obrigas que a propia Lei de Benestar Animal establece respecto dos animais abandonados e das colonias felinas.

O Grupo Municipal Popular solicitará no pleno explicacións ao goberno local sobre o estado no que se atopa este procedemento xudicial, as actuacións realizadas ata o momento e as medidas que pensa adoptar para garantir o cumprimento da normativa vixente e evitar que continúen producíndose situacións similares no futuro.

ÚLTIMAS

O recanteiro de Lugo Sur, Julio Ferrín, canta hoxe no Luar

O quirogués Julio Ferrín estréase na sección 'Recantos' do programa Luar da TVG. No...

O GDR Ribeira Sacra-Courel aproba 34 proxectos que mobilizarán máis de 2,5M€ de investimento no territorio

As axudas LEADER buscan impulsar novas iniciativas empresariais, mellorar a competitividade das actividades existentes...

A 48 edición do Rally San Froilán, os días 16 e 17 de outubro, estrea treito en Sarria

As novidades do percorrido son o treito de Baralla, con saída e meta na...

Aberto o prazo de matriculación para a Escola Municipal de Danza de Monforte

O Concello de Monforte informa á veciñanza que a Escola de Danza Municipal comezará...