HomesociedadeO BNG de Monforte recolle case 200 alegacións en dúas horas contra...

O BNG de Monforte recolle case 200 alegacións en dúas horas contra a ponte do Malecón

O BNG de Monforte levou a cabo na mañá deste mércores, 9 de setembro, na rúa Cardeal, unha acción informativa sobre o proxecto da nova ponte do Malecón, coa que busca achegar directamente á veciñanza as características da actuación e as repercusións para este espazo da cidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde a formación nacionalista repartíronse folletos con planos, medidas e datos técnicos extraídos do propio proxecto sometido a exposición pública. O BNG considera fundamental que a veciñanza poida coñecer a dimensión real da infraestrutura e formar a súa propia opinión contando con toda a información.

O BNG poñía tamén a disposición das persoas interesadas, copias da alegación que presentará contra o proxecto. A resposta á iniciativa foi inmediata, “En menos de dúas horas recolléronse case 200 alegacións asinadas, ademais de ser numerosas as persoas que se achegaron á mesa para solicitar información, consultar os planos e coñecer con maior detalle as características da actuación. O que vimos hoxe no Cardeal é moi significativo”, destaca o responsable local do BNG de Monforte, Manuel Luaces.

O concelleiro incidiu en que «falamos dunha actuación de máis de cinco millóns de euros que vai transformar para sempre un dos espazos máis queridos e recoñecibles de Monforte. Unha decisión desta magnitude non pode tomarse sen que a cidadanía coñeza con claridade o que se pretende facer e as súas consecuencias».

Desde o BNG aseguran que continuarán coa campaña informativa durante o período de exposición pública e volverá instalar unha mesa informativa este sábado, 12 de setembro, no Cardeal, de 10.00 a 13.00 horas, onde a veciñanza poderá consultar a documentación, coñecer os principais datos do proxecto e asinar a alegación. “Animamos a toda a veciñanza a achegarse e coñecer o proxecto de primeira man. O futuro do Malecón non pode decidirse de costas a Monforte”, concluíu Manuel Luaces.

Recollida alegacións Ponte do Malecón / BNG Monforte

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...